venres, 22 de marzo de 2024

Día da Poesía

O pasado 21 de marzo foi o Día da Poesía, e o alumnado de Educación Primaria festexouno escribindo poemas con xiz no chan do patio, xuntándose por parellas ou tríos con compañeiros e compañeiras doutras aulas. Algúns poemas eran composicións propias e outros de autores coñecidos. Despois procedimos a lelas en alto. Aquí vos deixamos unhas imaxes!

Saída a Buño e ó Refuxio de Verdes

O pasado martes, o alumnado de 3º e 4º curso tivo unha saída ao Ecomuseo Forno do Forte, en Buño. Alí contáronlles como era a vida dos alfareiros e como fan as súas pezas, que son auténticas obras de arte. Ademais tiveron a oportunidade de realizar as súas propias pezas. Despois disto, dirixíronse ao Refuxio de Verdes, no noso Concello, para gozar da paisaxe mentres comían e realizaban xogos. Foi unha saída preciosa!!

martes, 27 de febreiro de 2024

Día de Rosalía de Castro

O pasado 23 de febreiro foi o día de Rosalía. Ademáis de traballar á nosa autora favorita nas distintas aulas, cantamos no patio a canción do poema de Rosalía "Adiós ríos". Fixémolo xenial!!

xoves, 15 de febreiro de 2024

Entroido

O alumnado do primeiro curso de educación primaria investigou sobre o entroido nos diferentes lugares de Galicia, deixando unha mostra do seu traballo no corredor. Que viva o entroido galego!!!

xoves, 25 de xaneiro de 2024

Viaxamos por Galicia!!

No marco do noso Proxecto Documental Integrado (PDI), que leva por título "A volta ao mundo", propuxemos unha pequena actividade de investigación sobre unha viaxe que fixera o noso alumnado por Galicia. Nestas fichas fálannos sobre un lugar que visitaran: concello, provincia, lugar destacado e que foi o que máis lles gustou. Tamén inclúen unha fotografía. Os traballos están exportos no corredor do primeiro andar do colexio. Máis adiante recollerémolos e faremos un libro con eles, que expoñeremos o día do produto final do PDI. Grazas a todos/as pola vosa colaboración!!

xoves, 30 de novembro de 2023

Enreguéifate!!

O pasado venres, 17 de novembro, os alumnos e alumnas de 5º e de 6º curso tiveron un Obradoiro de Regueifas, que nos ofreceu o Concello de Carballo dende o Servizo de Normalización Lingüística. Os profesionais regueifeiros, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, fixéronnos pasar un tempo moi divertido no cal aprendemos moito sobre esta parte tan importante da nosa cultura. O alumnado fixo as súas propias regueifas e gozaron de mostrarllas ós/ás demais compañeiros/as. Sen dúbida foi un obradoiro moi produtivo!!

Día da Poesía

O pasado 21 de marzo foi o Día da Poesía, e o alumnado de Educación Primaria festexouno escribindo poemas con xiz no chan do patio, xuntándo...