mércores, 27 de febreiro de 2019

Celebramos o Día de Rosalía

P1200263

Terceiro preparándose para recitar


O 24 de febreiro cumpríronse 182 anos do nacemento de  ROSALÍA DE CASTRO, sen dúbida unha das escritoras máis importantes na nosa lingua e convertida xa nun símbolo de Galicia.


Para celebralo, o alumnado do noso centro participou en varias actividades ao longo destes días .Houbo como contacontos na biblioteca escolar durante a hora de ler e   recitado de poesías de autores como  Curros Enríquez, Manuel María, Antonio García Teijeiro, Gloria Sánchez, María Canosa,  e, por suposto, non podía faltar a homenaxeada, Rosalía de Castro. Precisamente, durante varios recreos da semana pasada,  nenas e nenos  de 3º, 4º e 6º recitaron en directo, desde Canosa Onda, para todo o colexio. O alumnado de 6º de E.Infantil participou tamén neste día, cantando “Adios ríos, adiós fontes” que gravamos na nosa radio.


Se queredes escoitar os nosos traballos  podedes facelo en:


http://www.ivoox.com/p_sq_f1638723_1.html

 

xoves, 21 de febreiro de 2019

Unha visita moi esperada

VISITA DO DOUTOR ÁNGEL MARÍA CARRACEDO ÁLVAREZ


carracedo na biblio 2

O noso centro tivo a gran honra de contar coa presenza e gran sabedoría dun home excepcional: o doutor Ángel Carracedo.

Foi unha experiencia que os nosos rapaces xamais esquecerán: falounos da súa familia, respondeu ás cuestións que lle formularon tanto o alumnado como as mestras, contounos como o seu equipo axudou á policía británica a “pillar” a un criminal reincidente estudando o seu ADN….Por certo! Asistimos á extracción do ADN dun kiwi!!!!

P1200240

Nós axudámoslle a desprazarse por diferentes comarcas de Galicia cun escornabot, empezando polas Terras do Xallas e continuando por Bergantiños. Foi tan amable, que ata nos concedeu  unha entrevista en "Canosa Onda" e respondeu a preguntas ben comprometedoras. Confesounos que era “ nefasto" en debuxo.  Non podía ser perfecto, non si?

Moita culpa de que se achegara ao noso colexio tena a súa familia, pois o seu avó era de Rus e moitos dos seus parentes viven por esta contorna.

Sempre agradecidos. Esta é a súa casa e ten as portas abertas de par en par. Un pracer telo por unhas horas ao noso carón en exclusiva.

LETRAS GALEGAS 2024

Achégase o 17 de maio, o Día que se celebran as Letras da nosa Lingua. Este ano dedícanselle a Luísa Villalta. Imos a coñecela un pouco: ...