sábado, 16 de xaneiro de 2021

Xela Arias

Aínda que morreu moi nova, a súa carreira está chea de grandes obras como "Denuncia do equilibrio" ou "Darío a diario". Tamén participou en obras colectivas como "Contos dos nenos galegos", premiado nos concursos nacionais de contos infantís convocados pola Agrupación Cultural O Facho, ou "Escolma de poesía galega". En 1986 foi finalista en dous certames, o Premio Antón Losada Diéguez coa súa primeira obra Denuncia do equilibrio e no Premio Esquío de poesía con “Lili sen pistolas”, unha obra inédita. Ademais recibiu varios premios de tradución. O 29 de maio de 2004 fíxose unha homenaxe en Vigo, organizada pola Asociación Galega de Editores, a Asociación de Tradutores Galegos e a Asociación de Escritores en Lingua Galega. En 2018, a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación creou o Premio Xela Arias que recoñece o seu traballo como tradutora. A finais de decembro dese mesmo ano, o pleno do Concello de Redondela acordou nomear a biblioteca municipal de Chapela como "Xela Arias ", parroquia onde traballara como mestra. Ademais de todos estes actos, Xela, xa se propuxera para ser a homenaxeada das Letras Galegas anos atrás, pero será neste 2021 cando esta muller tan  destacada na nosa cultura, teña a súa celebración. Parabéns!

LETRAS GALEGAS 2024

Achégase o 17 de maio, o Día que se celebran as Letras da nosa Lingua. Este ano dedícanselle a Luísa Villalta. Imos a coñecela un pouco: ...