PLANTAMOS

                    Plantamos bulbos e landras       


                           P1180720P1180516

 

Despois de lermos o conto de Anxo Moure O carballo con botas,  o alumnado de 6º de E. Infantil, 2º e 3º de Primaria, plantamos  landras nas botas vellas que as nenas e nenos trouxeron das súas casas.

Antes do nadal,  mestres e nenos xa apañaran  landras abondo para despois plantar. Como había algunhas que parecían estar furadas, botámolas en auga nunha pequena bañeira e aquelas que aboiaban xa as descartamos. Só plantamos as que se afundían. A ver se nos nacen!

O cursos restantes, plantaron tulipáns ou xacintos nas xardineiras do exterior….E xa nos están agromando!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PRODUTO FINAL DO NOSO PDI "O CORPO EN HARMONÍA"

 O venres día 22 de maio, fixemos no cole como cada curso o produto final do noso PDI, este curso foi "O corpo en harmonía", e est...