domingo, 10 de setembro de 2017

LETRAS GALEGAS 2018

MARÍA VICTORIA MORENO


O Día das Letras Galegas do vindeiro ano, estará dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez ( Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941-Pontevedra, 2005). A decisión adoptouse no Pleno ordinario da Real Academia Galega (17/06/17). Licenciada en Filoloxía Románica en Madrid, María Victoria Moreno chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos como profesora, e axiña asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas letras tanto na narrativa, sobre todo infantil e xuvenil como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas.

Publicou “Mar adiante”, “Crarisa e o luceiro”( para o público máis novo),    "Anagnórise” ( para público xuvenil), “Leonardo e os fontaneiros”( co que gañou o terceiro premio do Barco de Vapor de 1985…

María Victoria Moreno soubo transmitir a paixón pola lingua e a literatura galega, tanto na súa faceta de profesora como de escritora. Foi coautora de libros de texto de literatura galega e tamén tradutora.

LETRAS GALEGAS 2024

Achégase o 17 de maio, o Día que se celebran as Letras da nosa Lingua. Este ano dedícanselle a Luísa Villalta. Imos a coñecela un pouco: ...