xoves, 30 de novembro de 2023

Enreguéifate!!

O pasado venres, 17 de novembro, os alumnos e alumnas de 5º e de 6º curso tiveron un Obradoiro de Regueifas, que nos ofreceu o Concello de Carballo dende o Servizo de Normalización Lingüística. Os profesionais regueifeiros, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, fixéronnos pasar un tempo moi divertido no cal aprendemos moito sobre esta parte tan importante da nosa cultura. O alumnado fixo as súas propias regueifas e gozaron de mostrarllas ós/ás demais compañeiros/as. Sen dúbida foi un obradoiro moi produtivo!!

xoves, 16 de novembro de 2023

Magosto 2023

Moi boas a todas e a todos!!! Este ano celebramos o Magosto baixo teito, debido á choiva, pero non por iso deixamos de pasalo xenial. Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con elementos do outono que troixemos das nosas casas. A temática destas figuras do Land Art eran os medios de transporte, xa que este ano o Proxecto Documental Integrado do centro é A Volta ó Mundo. Despois comemos as castañas que Rosa nos preparou na cociña con moito cariño. Velaquí vos deixamos algunhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos!!

LETRAS GALEGAS 2024

Achégase o 17 de maio, o Día que se celebran as Letras da nosa Lingua. Este ano dedícanselle a Luísa Villalta. Imos a coñecela un pouco: ...