xoves, 16 de novembro de 2023
Magosto 2023
Moi boas a todas e a todos!!!
Este ano celebramos o Magosto baixo teito, debido á choiva, pero non por iso deixamos de pasalo xenial.
Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con elementos do outono que troixemos das nosas casas. A temática destas figuras do Land Art eran os medios de transporte, xa que este ano o Proxecto Documental Integrado do centro é A Volta ó Mundo.
Despois comemos as castañas que Rosa nos preparou na cociña con moito cariño.
Velaquí vos deixamos algunhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
PRODUTO FINAL DO NOSO PDI "O CORPO EN HARMONÍA"
O venres día 22 de maio, fixemos no cole como cada curso o produto final do noso PDI, este curso foi "O corpo en harmonía", e est...
-
Ola familias!! O venres 7 de novembro, celebramos o Magosto no cole. Fixemos unha chea de xogos divertidos, como dirixir a castaña, ences...
-
XOGA CO NOSO ESCORNALENDA Panel do escornalenda debuxado polo alumnado de 3º REGRAS DO XOGO: O primeiro xogador debe posicionar o escornab...
-
O alumnado de E.Infantil de 5 anos, 2º A, 2ºB e 3º plantou unhas landras en botas ou zapatos vellos no mes de decembro, despois de leren n...

Ningún comentario:
Publicar un comentario