mércores, 21 de decembro de 2022

CONCURSO POSTAIS DE NADAL CONCELLO DE CORISTANCO

Onte pola mañá recibimos a visita de persoal do concello facendo entrega de uns agasallos para os/as finalistas do Concurso de postais de Nadal do concello de Coristanco. Moitos parabéns para Carla de 5 anos, Isma de 2º EP, Carla de 4º EP e Héctor de 6ºB EP! Todas as nosas postais eran preciosas, para nós TODOS E TODAS SOMOS FINALISTAS!

xoves, 15 de decembro de 2022

CONTOS DE NADAL

Os nenos/as de 3º e 4º de EP participaron no concurso de Contos de Nadal con outros nenos e nenas da Costa da Morte. Natalia, de 4º, quedou de oitava no concurso. Parabéns! Aquí podedes ver o seu conto "Un conto especial".

MAGOSTO 2022

O 11 de novembro fixemos o magosto no noso cole. Primeiro xogamos ao tres en raia con castañas, ao xogo de encesta a castaña e ao dirixe a castaña. Como vedes, tamén fixemos animaliños con elementos da natureza, quedáron moi bonitos. Logo, para rematar a tarde, comemos castañas e bailamos todos/as no patio. Pasámolo xenial!

TEMPO DE ESFOLLA

En novembro é tempo de esfolla. Por iso, os nenos e nenas de 2º tivemos esfollando e debullando millo no patio do noso cole. Que boa maneira de estar en contacto co noso entorno!

mércores, 14 de decembro de 2022

OUTUBRO DE TEATRO

O mes de outubro foi un mes moi teatreiro. Como todos os anos participamos no XXI Concurso escolar de teatro lido “Xosé Manuel Eirís” que organiza o concello de Carballo. Encántanos! Aquí podedes ver os vídeos das nosas obras de teatro lido . Esperamos que vos gusten tanto como nos gustou a nós facelas!

40ª EDICIÓN DA FESTA DA PATACA DE CORISTANCO

O pasado mes de setembro fixemos cousiñas tan bonitas como estas para participar, como todos os anos, na festa da pataca de Coristanco. Que boa maneira de comezar o curso!

LETRAS GALEGAS 2024

Achégase o 17 de maio, o Día que se celebran as Letras da nosa Lingua. Este ano dedícanselle a Luísa Villalta. Imos a coñecela un pouco: ...