domingo, 24 de maio de 2020
Especial, sexto
mércores, 13 de maio de 2020
Os máis pequenos contan!
Velaí vos van algúns contiños das nenas e nenos de primeiro e de 6º de Infantil.
O MAR VOLVEUSE NEGRO
Un día caeu moito petróleo no mar. Os peixes estaban moi asustados porque non sabían o que estaba sucedendo. Todos corrían. Os máis grandes axudaban aos máis pequenos.
Unha tartaruga dixo: “O petróleo é moi perigoso para a saúde”.
Os peixes marcharon todos para un mar limpo. Unha vez a salvo, fixeron unha festa para celebrar que todo saíra ben.
Irene 1º
O CRAVO FAI AMIGOS . 6º E.Infantil

O POLBO TAXISTA
Ola! Son un polbiño. Non o ides crer! Son un polbo taxista.
Quérovos contar unha historia de amizade:
Ía pola estrada cando de súpeto… pum, pum, pum! Estoupoume unha roda! Cos aforros que tiña, arranxeina. Un amigo díxome que podería seguir traballando de taxista e así conseguir máis cartos.
Alejandro 1º
[gallery ids="626,629,630" type="rectangular"]
Debuxos 4º Infantil
O DRAGÓN BO
Uns nenos estaban xogando ao fútbol, cando, de súpeto a pelota foise cara uns arbustos, onde estaba un dragón.
Un dos nenos foi buscar a pelota e viu ao dragón. Entón foi xunta un amigo e contoulle: “Vin un dragón”!
O amigo foi mirar e díxolle: “Aquí non hai ningún dragón. É mellor que vaias para a túa casa”.
O neno dixo: “De acordo”.
Camiñaba pola beirarrúa e viu de novo ao dragón. Díxolle enfadado: “Para de me perseguir. Xa abonda”.
Cando o neno foi moito maior púxolle o nome de Bo ao dragón e fíxéronse amigos. Sobre todo xogaban a chimpar a pelota.
Natalia
A SEREÍÑA ATRAPADA . 6º E.Infatil


O VERÁN
Había unha vez un neno ao que lle encantaba o verán. Gustáballe moito ir á praia e desfrutar da mar. Xogando con minipeixes e coa area pasaba os días.
Unha vez atopou unha estrela de mar. Estaba media morta e coa axuda da súa nai metérona nun caldeiro con auga de mar e reviviu.
Despois, o neno, colleu a estrela e ceibouna no mar. E así, un día tras outro, o verán ía pasando e o neno desfrutando de cada aventura que se lle presentaba.
Daniel
OUTRO DÍA DE CHUVIA
Sara mira pola fiestra e quéixase:
- Que rabia! Hoxe tamén chove a caldeiros…
-A este paso- murmura o seu irmán Miguel sen saír da cama- ímonos converter en peixes…
Sara pestanexa.
-É certo que leva moitos días chovendo, pero por máis que o intento non me imaxino convertida en peixe. En peixe non! Mellor en serea que son moito máis bonitas!
Miguel ri, cobre a cabeza coas sabas e di:
-Espértame cando che comecen a saír escamas!...
Mateo 1º
[caption id="attachment_639" align="alignnone" width="1108"]
Uxía, 2º[/caption]
venres, 19 de maio de 2017
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O martes 16 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas, homenaxeando a Carlos Casares. O alumnado de 6º, explicounos o significado deste día, fixo un percorrido pola vida do autor e encargouse tamén da entrega dos premios aos nenos e nenas premiados no Certame literario. Parabéns a todos os que participaron!
Aproveitamos tamén este día para recordar a figura de Eduardo Pondal, o bardo bergantiñán, do que este ano se cumpren os cen anos da súa morte. Ao remate do acto, o alumnado de 6º bailou unha muiñeria, e, finalmente todos cantamos o Himno Galego.
Se estades interesados en coñecer os traballos que se realizaron sobre A GALIÑA AZUL, unha das obras de Carlos Casares, visita o blogue da biblioteca do centro.

domingo, 26 de febreiro de 2017
Certame literario do centro
Consulta as bases
PRODUTO FINAL DO NOSO PDI "O CORPO EN HARMONÍA"
O venres día 22 de maio, fixemos no cole como cada curso o produto final do noso PDI, este curso foi "O corpo en harmonía", e est...
-
Ola familias!! O venres 7 de novembro, celebramos o Magosto no cole. Fixemos unha chea de xogos divertidos, como dirixir a castaña, ences...
-
O alumnado de E.Infantil de 5 anos, 2º A, 2ºB e 3º plantou unhas landras en botas ou zapatos vellos no mes de decembro, despois de leren n...
-
XOGA CO NOSO ESCORNALENDA Panel do escornalenda debuxado polo alumnado de 3º REGRAS DO XOGO: O primeiro xogador debe posicionar o escornab...



