mércores, 13 de maio de 2020

Os máis pequenos contan!

Aínda que este curso non se vai celebrar o Certame Literario, o noso alumnado continúa escribindo os seus contos na casiña, coa axuda das súas familias. A mellor homenaxe que podemos  facer aos escritores que escribiron na nosa lingua, é falar e escribir en galego. Mentres o fagamos, a lingua que falaron os  nosos devanceiros seguirá viva.

Velaí vos van algúns contiños das nenas e nenos de primeiro e de 6º de Infantil.

 

O MAR VOLVEUSE NEGRO


Un día caeu moito petróleo no mar. Os peixes estaban moi asustados porque non sabían o que estaba sucedendo. Todos corrían. Os máis grandes axudaban aos  máis pequenos.

Unha tartaruga dixo: “O petróleo é moi perigoso para a saúde”.

Os peixes marcharon todos para un mar limpo. Unha vez a salvo, fixeron unha festa para celebrar que todo saíra ben.

Irene 1º

O CRAVO FAI AMIGOS  . 6º E.Infantil

cravo 1-conto 5 anos      cravo 2-conto 5 anos

                                                                       


 O POLBO TAXISTA


Ola! Son un polbiño. Non o ides crer! Son un polbo taxista.

Quérovos contar unha historia de amizade:

Ía pola estrada cando de súpeto… pum, pum, pum! Estoupoume unha roda! Cos aforros que tiña, arranxeina. Un amigo díxome que podería seguir traballando de taxista e así conseguir máis cartos.

Alejandro 1º

[gallery ids="626,629,630" type="rectangular"]

Debuxos 4º Infantil


O DRAGÓN BO


Uns nenos estaban xogando ao fútbol, cando, de súpeto a pelota foise cara uns arbustos, onde estaba un dragón.

Un dos nenos foi buscar a pelota e viu ao dragón. Entón foi xunta un  amigo e contoulle: “Vin un dragón”!

O amigo foi mirar e díxolle: “Aquí non hai ningún dragón. É mellor que vaias para a túa casa”.

O neno dixo: “De acordo”.

Camiñaba pola beirarrúa e viu de novo ao dragón. Díxolle enfadado: “Para de me perseguir. Xa abonda”.

Cando o neno foi moito maior púxolle o nome de Bo ao dragón e fíxéronse amigos. Sobre todo xogaban a chimpar a pelota.

Natalia

A SEREÍÑA ATRAPADA . 6º E.Infatil

serea 1- conto 5 anos

sera 2- conto 5 anos

O VERÁN


Había unha vez un neno ao que lle encantaba o verán. Gustáballe moito ir á praia e desfrutar da mar. Xogando con  minipeixes  e coa area pasaba os días.

Unha vez atopou unha estrela de mar. Estaba media morta e coa axuda da súa nai metérona nun caldeiro con auga de mar e reviviu.

Despois, o neno, colleu a estrela e ceibouna no mar. E así, un día tras outro, o verán ía pasando e o neno desfrutando de cada aventura que se lle presentaba.

Daniel

OUTRO DÍA DE CHUVIA


Sara mira pola fiestra e quéixase:

- Que rabia! Hoxe tamén chove a caldeiros…

-A este paso- murmura o seu irmán Miguel sen saír da cama- ímonos converter en peixes…

Sara pestanexa.

-É certo que leva moitos días chovendo, pero por máis que o intento non me imaxino convertida en peixe. En peixe non! Mellor en serea que son moito máis bonitas!

Miguel ri, cobre a cabeza coas sabas e di:

-Espértame cando che comecen a saír escamas!...

Mateo 1º

[caption id="attachment_639" align="alignnone" width="1108"]debuxo Uxia Uxía, 2º[/caption]

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Magosto 2024

Ola familias!! Este ano celebramos o Magosto o venres, día 8 de novembro. Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con el...