mércores, 13 de maio de 2020

Unha carta moi especial...

 

[caption id="attachment_586" align="alignnone" width="593"]All-focus Dani recitando na Casa Museo[/caption]

...Recibiuna Dani Mallo,  de 4º .  Dani participou o curso pasado, xunto con outros alumnos/as do colexio  no concurso Rosalía Sempre Viva, que organiza a  Fundación Casa Museo Manuel María e que se celebrou en Outeiro de Rei. El recitou un poema do poeta da Terra Cha, titulado Galiza, “a modo hip hop” que gustou moito.  Visitando a Casa Museo,  Dani informouse  da vida do escritor e isto inspirouno para debuxar un cómic. Tiña moito interese en que Saleta, a viúva de Manuel María,  vira o seu traballiño. Así que lle enviou unha carta e o cómic orixinal á Casa Museo. Pasou algún tempiño ( por problemas coa correspondencia), pero por fin, Dani recibiu  unha carta  agarimosa e  unha camiseta. Que bonita!   E con ilustracións de Leandro Lamas!


All-focusAll-focus

[caption id="attachment_587" align="aligncenter" width="436"]All-focus Unha camiseta preciosa cuns versos de Manuel María[/caption]

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Magosto 2024

Ola familias!! Este ano celebramos o Magosto o venres, día 8 de novembro. Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con el...