Cando virá visitarnos Fran Alonso ?
O alumnado de 3º e 4º de primaria estivemos lendo e desfrutando do libro “O meu gato é un poeta”, de Fran Alonso, e estabamos agardando con moita ilusión pola súa visita. Para esta ocasión, tiñamos preparados algúns traballiños: poesías, debuxos, caligramas... Moitos deles, quedaron no colexio. Algunha mostra vaivos aquí.
Fran Alonso, naceu en Vigo o 27 de xuño de 1963. Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. É escritor, xornalista e editor. Desde abril de 2018 é o director de Edicións Xerais. Colabora con diversos medios de comunicación e ocupou o cargo de vicepresidente da Asociación Galega de Escritores ..
A súa obra abarca novelas, libros de relatos, poesía, literatura infantil, xuvenil, xornalismo, literatura electrónica. Está guiada sempre por unha actitude innovadora e “rebelde”. Realizou o deseño e ilustracións dalgúns dos seus libros e leva a cabo diversos espectáculos poéticos. É coautor da tradución ao galego de Polgariño (1995), de Charles Perrault. Foi recoñecido con numerosos premios.
No ámbito infantil publicou a novela “O brillo dos elefantes” (1999), o libro de relatos “Contos nerviosos” (2016), en poesía: “Cidades” (1997), “O meu gato é un poeta”(libro-CD, música de Xurxo Souto e con web, 2011), “Poemas birollos para ler cos ollos” (2016),...entre outros.
Podedes atopar máis información no seu weblog cabrafanada.blogspot.com, na web franalonso.gal e en www.gatopoeta.net.
Ningún comentario:
Publicar un comentario