sábado, 2 de maio de 2020

UNHA VISITA QUE NON PUIDO SER..

ANDREA MACEIRAS




[caption id="attachment_558" align="alignnone" width="657"]Retrato A.Maceiras1 Retrato de Andrea Madeiras ( por J. Figueroa)[/caption]

Andrea Maceiras tiña previsto visitar o noso centro o pasado venres 13 de marzo, pero ao decretarse o estado de alarma non puido ser.  O alumnado de 5º e 6º de EP estivo lendo dous libriños dela e estaban desexando facerlle moitas preguntas sobre a súa obra e sobre ela mesma. Mesmo tiñan preparada unha entrevista en Canosa Onda e tiñas feito debuxos moi bonitos. Como mostra podedes ver algunhas das ilustracións.

NOVE ESTRELAS 1                   NOVE ESTRELAS 2

 

Como non tivemos a oportunidade de falar con Andrea, aquí vos deixamos algo da súa biografía.

A nosa escritora naceu na Coruña o 6 de novembro de 1987. É licenciada en Filoloxía Hispánica e doutora en Filoloxía Galega. Compaxina o seu labor como escritora co traballo de profesora en Secundaria.  É autora das novelas  infantís e xuvenís: Proxecto Bolboreta (2007, obra gañadora do I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior), Violeta Tamurana (2010, 4º Premio Meiga Moira e finalista do Premio da Edición 2010 e do Premio Frei Martín Sarmiento 2011), O segredo do lagarto arnal (2012), Nubes de evolución (2013, finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011 e gañadora do Premio Fervenzas Literarias, 2014),Volverás, golfiño (2014, finalista do Premio Merlín, 2013), Miña querida Sherezade (2014, Premio Meiga Moura), , Europa Express (2015, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, traducida ao inglés), O que sei do silencio (2018, finalista do Premio Raíña Lupa) e Conta nove estrelas (2019, Premio Lazarillo 2018).

IMG-20200423-WA0003     IMG-20200423-WA0004

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de concederlle o Premio dos Clubs de Lectura 2020, por ser a autora máis lida no curso pasado 2018/19.

Os nenos e nenas de 5º  leron  Conta nove estrelas e os de 6º,  Volverás, golfiño.

Gustáronlle moito e recomedan a súa lectura. Agardamos que se poida facer realidade a tan esperada visita na nosa biblioteca baixo a vixilancia da meiga Leoteca e coa colaboración da ediorial Xerais.

[caption id="attachment_561" align="aligncenter" width="300"]NOVE ESTRELAS Ilustracións do alumnado de 5º[/caption]

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Magosto 2024

Ola familias!! Este ano celebramos o Magosto o venres, día 8 de novembro. Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con el...