martes, 17 de abril de 2018

MANUEL MARÍA

50 ANOS DE "OS SOÑOS NA GAIOLA"


P1190134

   O sábado, 14 de abril, celebrouse no Pazo de Cultura de Carballo, unha homenaxe a MANUEL MARÍA: cumpríanse os 50 anos de Os soños na gaiola. O acto foi organizado pola Fundación Manuel María e o Concello de Carballo. Participaron arredor duns douscentos nenos e nenas dos colexios de Carballo. Do Canosa-Rus, recitou poemas  o alumnado de 3º e 5º de primaria. Tamén elaboramos traballos plásticos como uns carriños, poemas  ilustrados e  unha maqueta realizada en madeira que titulamos “Galicia ollando ao mar”.


Ao final do acto, todos os participantes  subiron ao escenario e cantaron a coro o poema  A fouce.   Está claro que Manuel María gusta aos nenos!

domingo, 8 de abril de 2018

IAGO LÓPEZ

RECIBIMOS A IAGO LÓPEZ


O 4 de abril recibimos na nosa biblioteca ao escritor e contacontos Iago López,  autor de “O cociñeiro Martiño”,  libro que lle gustou moito ao alumnado de 1º e 2º de primaria. Iago contoulles este conto  contando coa colaboración dos nenos, que interpretaban varios personaxes. Pasárono moi ben! Ao remate da actividade, asinou os libros .

martes, 3 de abril de 2018

"DE LENDA"

EXCURSIÓN A “LUGARES DE LENDA”

Panoramica Neme.jpg

 

O alumnado e  mestres de 1º, 2º, 3º e 4º  realizamos un percorrido por varios lugares de Bergantiños que están relacionados con lendas. Repartímonos en dous grupos. No primeiro autobús viaxamos 3º, 4º e 2º B, sendo o guía Xan Fernández Carrera,  autor de Lendas da Costa da Morte. No segundo autobús ían 1º e 2ºA, guiados por Evaristo Domínguez Rial, que escribiu Coristanco e as súas parroquias.


A nosa primeira parada foi no Monte Neme. O día estaba espléndido, unha rareza despois de tanta chuvia como caeu nesta tempada.


meigas soas

 A nosa sorpresa foi maiúscula cando na “eira das meigas” nos apareceron tres meigas con caldeiros e culleróns remexendo non sabemos que e recitando un esconxuro. Contáronnos que levaban toda a noite alí para escorrentar a brétema. Disque eran meigas das boas.


 Colocámonos todos en círculo e os nosos expertos guías explicáronnos a importancia deste monte durante a II Guerra Mundial  coa produción de wolfram  e contáronnos a lenda da eira das meigas.


nenos e meigas

Subimos monte arriba ata as numerosas antenas que o coroan. Aquí fixemos un pequeño exercicio de orientación. Puidemos ver as illas Sisargas, os aeroxeradores de Punta Nariga, os de pico de Meda , os de Fontesilva, Monte Castelo…  Tamén se podía albiscar  o fume da fábrica UNEMSA, que está pretiño do noso colexio.  Tamén se ve, máis cerca, Carballo, o polígono de Bértoa e a lagoa de Baldaio. Na lonxanía, cara o Norte, vemos tamén o porto exterior.


As Sisargas

A 2º parada foi na Pedra da Arca, en Cerqueda ( Malpica), un dolmen  do que a lenda conta que foi construído por unha moura  que carrexaba as grandes pedras sobre a súa cabeza , ao mesmo tempo que aleitaba un neno e fiaba na roca.


Pedra da Arca

A 3º parada fixémola na Casa do Pescador, en Malpica, onde puidemos contemplar os cadros de Lugrís. Nun deles pintou unha especie de balea. Xan Fernández contounos que Malpica foi un importante porto pesqueiro e que noutros tempos,  cazábase tamén este cetáceo.

Noutro observáse unha praia e ao fondo,  as Illas Sisargas e a capela de Santo Hadrián, a onde nos diriximos nós xa na última visita desta excursión.

na casa do pescador

Tamén puidemos contemplar as Illas Sisargas ben de preto: Sisarga Grande, Malante e Chica.

mirando as illas

A última parada foi na capela de Santo Hadrián e na súa fonte. Aquí  os nosos guías contáronnos a lenda da gran serpe que pisou o santo e visitamos tamén a fonte. As súas augas seique curan as espunllas. Hai que lavar as mans na fonte e secalas cun pano de tea. Este hai que deixalo a  secar colgado nun salgueiro que hai a beira da fonte. Segundo o pano se vaia secando , tamén van desaparecendo as espunllas.


fonte

Xantamos todos xuntos no adro da capela e retratámonos todos xuntiños.

Que gran día!

todos en Santo Hadrián

RECIBIMOS A ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

P1180988

O 20 de marzo achegouse  a nosa biblioteca, o escritor  Antonio García Teijeiro, que ten unha ampla produción literaria.  O poeta  recibiu numerosos galardóns. O máis recente foi  o PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL  pola súa obra Poemar o mar, que leron os nenos de 3º.  Os de 4º desfrutaron de Un rato díxolle a lúa, os de 5º leron Os peixes  de cores,  e os de 6º,  aproveitando que estamos traballando sobre a temática de mitos e lendas, mergulláronse en  Lendo lendas, digo versos.  Este último libro, escribiuno co seu amigo Antonio Reigosa, gran coñecedor da mitoloxía galega.


P1180975

Teijeiro, soubo conquistar á rapazada  nada máis entrar pola porta da biblioteca. Eloxiou  as poesías e outros traballiños cos que o recibimos e gustoulle o recitado dalgúns voluntarios.


El tamén nos presentou  a Hororato, un rato poeta que vive na biblioteca da súa casa e a Maaartiño , un mariñeiro que  sacou da súa maletiña….


Por último, asinoulle os libros a todos os nenos e respondeu ás preguntas que lle formularon catro pequenos xornalistas de 5º e 6º na nosa flamante  radio  CANOSA ONDA.


P1190007

LETRAS GALEGAS 2024

Achégase o 17 de maio, o Día que se celebran as Letras da nosa Lingua. Este ano dedícanselle a Luísa Villalta. Imos a coñecela un pouco: ...