martes, 3 de abril de 2018

RECIBIMOS A ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

P1180988

O 20 de marzo achegouse  a nosa biblioteca, o escritor  Antonio García Teijeiro, que ten unha ampla produción literaria.  O poeta  recibiu numerosos galardóns. O máis recente foi  o PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL  pola súa obra Poemar o mar, que leron os nenos de 3º.  Os de 4º desfrutaron de Un rato díxolle a lúa, os de 5º leron Os peixes  de cores,  e os de 6º,  aproveitando que estamos traballando sobre a temática de mitos e lendas, mergulláronse en  Lendo lendas, digo versos.  Este último libro, escribiuno co seu amigo Antonio Reigosa, gran coñecedor da mitoloxía galega.


P1180975

Teijeiro, soubo conquistar á rapazada  nada máis entrar pola porta da biblioteca. Eloxiou  as poesías e outros traballiños cos que o recibimos e gustoulle o recitado dalgúns voluntarios.


El tamén nos presentou  a Hororato, un rato poeta que vive na biblioteca da súa casa e a Maaartiño , un mariñeiro que  sacou da súa maletiña….


Por último, asinoulle os libros a todos os nenos e respondeu ás preguntas que lle formularon catro pequenos xornalistas de 5º e 6º na nosa flamante  radio  CANOSA ONDA.


P1190007

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Celebración das Letras Galegas e premios do Certame do noso colexio

 O pasado 23 de maio celebramos as Letras Galegas no cole. O alumnado de 5º leu unha presentación sobre as cantareiras e a poesía popular or...