[caption id="attachment_607" align="alignnone" width="1080"] Áritz, 3ºB[/caption]
Coronavirus, vaite de aquí xa!!
Coronavirus, es moi malo!
Estasme facendo moito dano.
Non podo cos meus amigo estar,
nin aos meus avós abrazar.
Hai días que aos meus profes non vexo.
Por culpa túa, non podo ir ao colexio.
Na casa teño que quedar
e ao parque non podo ir xogar.
CORONAVIRUS, VAITE DE AQUÍ XA!!!
Sara 1º
O CORONAVIRUS
Se todos queremos gañar
na casa terás que quedar
e ao virus matar.
Fai caso, non saias pasear
porque senón vante pillar
e unha multa terás que pagar.
Na casa queda a xogar
e ponte a traballar.
Mil cousas podes lembrar.
Todos debemos axudar.
E como di o refrán,
o ombreiro hai que arrimar.
Xogar, cantar e bailar
na casa podes celebrar.
Se non queres amolar
respecta e comeza a axudar.
Debes aprender a na casa quedar.
O sol temos que velo brillar
Que moita falla nos fai!
Carla 1º
QUEDA NA CASA.
Dou grazas aos médicos/as, enfermeiras, limpadores …
e alguén máis que quedará, policías, garda civil,
os corpos de seguridade do Estado, vixiantes, camioneiros,
os dos supermercados e aos do campo que tamén están aí.
A miles e miles de persoas que tamén están
facendo a súa función na sombra.
Moi importantes, a televisión, presentadores
e todos que fan o posible e que non se ven,
GRAZAS DE CORAZÓN.
Aos políticos, un gran SUSPENSO,
que non atenderon esta alarma a tempo,
para así evitar tanto mal.
Entre todos conseguirémolo coa frase
que xa se fixo tan famosa,
#QUEDANACASA.
Chistian, 6º
POBRE MAR!
O mar está triste
porque non o imos visitar,
por culpa do coronavirus,
na casa temos que quedar.
É una pandemia
que imos superar
todos xuntos
con cariño e solidariedade.
O mar e a praia
de menos nos están a botar
pero que estean tranquilos
que pronto voltaremos xogar.
Noa, 6º
O CORONAVIRUS
Nin me lavo, nin me peino, nin quito o mandil
ata que o coronavirus marche de aquí
e poidamos saír darnos apertas os fillos, netos, amigos e familia.
Tantos días sen vernos, presos! E … sen delinquir!
Tatiana, 6º
Ningún comentario:
Publicar un comentario