MEGALITISMO NA COSTA DA MORTE
Do 20 ao 28 de abril permanecerá no noso centro unha exposición itinerante sobre o megalitismo (As antas da Costa da Morte), realizada por algúns dos membros do Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), de Vimianzo. Está composta por 20 paneis de gran formato, onde se explican as características destes megalitos, como son Pedra cuberta, Arca da Piosa, Pedra da Arca, Mina de Recesindes… Algunhas destas antas serán visitadas polo alumnado de 6º de primaria, nunha excursión conxunta cos seus compañeiros do CEIP BORMOIO-AGUALADA.
Esta exposición tamén pode ser visitada polas familias que estean interesadas, preferentemente en horario de 13:00h a 14:00h.