domingo, 28 de maio de 2017

Velutinas, velutinas!

O alumnado de 1º traballou ao longo do curso sobre as avespas velutinas e a ameaza que supoñen para o noso ecosistema. Prepararon este documental. Querédelo ver?

[vimeo 218070067 w=640 h=360]

A INVASIÓN DAS VELUTINAS from Veronica Guardado Gesto on Vimeo.

martes, 23 de maio de 2017

Descubrindo a Carlos Casares

Para homenaxear a Carlos Casares o alumnado do noso centro elaborou diferentes montaxes audiovisuais da súa obra "A galiña azul".

 

 

2. A bomba da felicidade. Alumnado de primeiro.

https://vimeo.com/217871497

 

3.  A galiña azul. Alumnado de segundo e cuarto.

https://www.youtube.com/watch?v=DEshjGYoW8U#action=share

 

 

Ilustramos cantigas!

O alumnado de segundo ilustrou algunhas cantareas que se foron recollendo ao longo destes últimos anos.

Dende o EDLG tentouse fomentar a importancia tradición oral a través desta recompilación.

Presentación certame literario . Monográfico. Cantigas

Imagen 016

venres, 19 de maio de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O martes 16 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas, homenaxeando a Carlos Casares. O alumnado de 6º, explicounos o significado deste día,  fixo un percorrido pola  vida do autor e encargouse tamén da entrega dos premios aos nenos e nenas premiados no  Certame literario. Parabéns a todos os que participaron!


Aproveitamos tamén este día para recordar a figura de  Eduardo Pondal, o bardo bergantiñán, do que este ano se cumpren os cen anos da súa morte. Ao remate do acto, o alumnado de 6º bailou unha muiñeria, e,  finalmente todos cantamos o Himno Galego.


Se estades interesados en coñecer os traballos que se realizaron sobre A GALIÑA AZUL, unha das obras de Carlos Casares, visita o blogue da biblioteca do centro.


P1170218.JPG

Celebración do día das Letras Galegas no cole

O pasado martes 16 de maio celebramos o día das Letras Galegas no noso centro. Para esta celebración, dende o  EDLG propusemos as seguintes actividades:

  • Organización do Certame Literario do centro en distintas categorías: banda deseñada, debuxo, narrativa , poesía e monográfico.

  • Participación no Certame Literario Asunción Antelo do concello de Coristanco.

  • Traballo nas aulas sobre o autor, Carlos Casares, e realización de diferentes actividades sobre o mesmo, como grabación de contos  que se utillizarán a súa vez para participar no "Festival dos soñadores", que é o produto final do noso  PDI " De espectadores a protagonistas".

  • Elaboración dunha caricatura do autor homenaxeado, Carlos Casares, e fixemos un marco con diferentes caicaturas en tamaño pequeno . Esto valiu para decorar o acto do día 16.

  • Día 16: Entrega de premios do Certame Literario do centro . Nesta entrega de premios, leváronse a cabo diferentes actividades como a explicación do por que do día das Letras Galegas; breve biografía do autor homenaxeado; recitado de diferentes poemas de Eduardo Pondal e Carlos Casares e como colofón final os alumnos/as de 6º de EP bailaron unha muiñeira tocada polo profe de música , a profe de inglés e un profe de EI e cantamos todos xuntos o himno galego, de Eduardo Pondal.

  • Aquí tedes  algunhas imaxes desta xornada e un pequeno vídeo no que estamos cantando o himno. Agradecer a colaboración do profesorado para que estas actividades leváranse a cabo.

Magosto 2024

Ola familias!! Este ano celebramos o Magosto o venres, día 8 de novembro. Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con el...