domingo, 20 de maio de 2018

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

    DECORAMOS UN RETRATO  EN GRAN FORMATO DA AUTORA


Cada neno debuxa un retrato pequeniño de María Victoria Moreno,  e decoran os marcos o mellor posible.   Estes retratos conformarán o marco do retrato en grande da autora, que pintarán algúns nenos e nenas.

Este expoñémolo no ximnasio, onde celebramos o acto de homenaxe .MODIFICADO3

No acto que nós celebramos, ademais de a María Victoria Moreno, tamén recordamos a Manuel María, porque se cumpren os 50 anos da publicación da súa obra Os soños na gaiola.  A música e a poesía van unidas, así que tamén cantamos unha canción de Batallán (  No niño novo do vento, un poema de Cunqueiro). Para rematar o acto, cantamos todos o Himno Galego.

En primeiro lugar, un grupo de alumnos de 6º preséntannos a María Victoria Moreno, a través dunha pequena dramatización.

P1190362

Posteriormente, as nenas e nenos de 2º realizan unha  dramatización  a partir da adaptación da obra de María Victoria Moreno Eu conto, ti cantas.

segundo

 O alumnado de 3º e 5º recitan uns poemas da obra de Manuel María, Os soños na gaiola, e cantan unha canción.


 Consideramos que falar e escribir en galego é a mellor homenaxe que se lle pode facer a aqueles escritores que tamén  utilizaron e amaron a nosa lingua. Xa levamos vinte anos celebrando un Certame Literario, e agardamos seguir outros vinte anos máis polos menos…. Os nenos de 6º, que para o curso que vén xa estarán no instituto,  son os encargados de entregar os agasallos aos alumnos premiados polo seu conto, debuxo, banda deseñada, poesía ou monográfico.


premios

Finalmente, cantamos todos o Himno Galego. Toca a gaita Ana, a mestra de E.Física.

P1190377

domingo, 13 de maio de 2018

PROXECTO "LENDARIO"

XOGA CO NOSO ESCORNALENDA


P1190120

Panel do escornalenda debuxado polo alumnado de 3º

REGRAS DO XOGO:

  1. O primeiro xogador debe posicionar o escornabot no trasno e de aí dirixirse cara a casiña que representa o desorde.

  2. O segundo xogador pode comezar no personaxe que desexe e, desde aquí á casiña que lle corresponda segundo a lenda.

  3. Cando se complete unha parella, pode irse a un novo personaxe.

  4. Mentres estea xogando calquera un deles, o contrario pode atrancarlle o camiño coa tarxeta do trasno, de xeito que pode verse obrigado a modificar a traxectoria.

  5. A cada xogador correspóndelle unha tarxeta do trasno.

  6. O xogo remata cando se complete o taboleiro.

MARÍA VICTORIA MORENO

RETRATOS DA ESCRITORA


P1190342

  Estamos preparando un retrato en gran formato de María Victoria Moreno, para expoñer o vindeiro mércores, 16 de maio, cando celebremos un acto de homenaxe a esta escritora


 Para iso, todo o alumnado do centro, debuxou un retrato pequeniño desta autora. Todos xuntos, conformarán o marco do retrato en gran formato de María Victoria, que colorearon tamén os nenos.


 P1190344


Para coñecermos mellor a figura da escritora homenaxeada este 17 de maio, podemos informarnos nestes enlaces:

 

 

 

martes, 1 de maio de 2018

CARBALLIÑOS...

carballo con botas

O alumnado de E.Infantil de 5 anos, 2º A,  2ºB e 3º plantou unhas  landras en botas ou zapatos vellos no mes de decembro, despois de leren na  clase o conto de O carballo con botas, de Anxo Moure.


 Agardamos con moita paciencia a ver se agromaba algo, e,  por fin, xa naceron algúns carballiños. Outras landras continúan durmindo  dentro das botas, pero aínda temos a esperanza de que esperte algunha máis.


Tamén plantamos bulbos de tulipáns e de xacintos a finais de novembro e agora están en flor.


tulipans blogue

Magosto 2024

Ola familias!! Este ano celebramos o Magosto o venres, día 8 de novembro. Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con el...