O venres 15 de xuño visitamos a Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei. A esta viaxe convidounos a Casa Museo, por ter participado na homenaxe a Manuel María, no Pazo da Cultura, en Carballo, con motivo do 50 aniversario da publicación da súa obra Os soños na gaiola.
Xantamos na carballeira de Santa Isabel, na beira do río Miño. Despois entramos na catedral e percorremos a muralla. E aínda que vos pareza mentira, encotrámonos con moitos romanos!