O pasado 15 de novembro celebramos o Magosto no noso centro. Xa había uns anos que non se festexaba e desta vez decidimos voltar á lembranza dos bos momentos e propios da nosa cultura.
Non se tería feito sen a boa disposición do persoal de cociña, da nais e pais, do conserxe e de todo o profesorado.
O noso alumnado disfrutou comendo as castañas, que por certo, estaban moi ben asadas, e despois xogaron un pouco tisnando a cara con borralla e carbón. Foi un día para repetir en vindeiros anos!
Rematamos cunhas fotografías. Atopades algunhas diferenzas?
Entre elas pasaron trinta anos! O lugar é o mesmo, o bombo tamén… Hai outra xente e outras castañas!!!
Hai trinta anos, o señor Emilio, asaba as castañas no mesmos bidón perforado onde hoxe as está asando Rosa, a cociñeira . Desta vez, ponlle carozos...E chegarán?
O máis cativiños do cole, coas súas cestiñas, disfrutando do seu primeiro MAGOSTO.