O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, tivo a oportunidade de coñecer hoxe á escritora Ledicia Costas, gañadora, entre outros galardóns, do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, en 2014 por “Escarlatina, a cociñeira defunta”
Nenos e nenas disfrutaron da lectura de A señorita Bubble e de A balada dos unicornios. Agasallaron a Ledicia con retratos da autora, acrósticos, debuxos… e unha copa deseñada por eles e impresa na 3D…. Ledicia respondeu ás curiosidades dos nenos, asinou libros e finalmente, prestouse a unha breve entrevista que lle fixo un grupiño de 4º, en “ Canosa Onda”, a radio do colexio. Esta incluirémola no programa “Canosa Xente”.
Quedáronnos ganas de ler máis!