Terceiro preparándose para recitar
O 24 de febreiro cumpríronse 182 anos do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, sen dúbida unha das escritoras máis importantes na nosa lingua e convertida xa nun símbolo de Galicia.
Para celebralo, o alumnado do noso centro participou en varias actividades ao longo destes días .Houbo como contacontos na biblioteca escolar durante a hora de ler e recitado de poesías de autores como Curros Enríquez, Manuel María, Antonio García Teijeiro, Gloria Sánchez, María Canosa, e, por suposto, non podía faltar a homenaxeada, Rosalía de Castro. Precisamente, durante varios recreos da semana pasada, nenas e nenos de 3º, 4º e 6º recitaron en directo, desde Canosa Onda, para todo o colexio. O alumnado de 6º de E.Infantil participou tamén neste día, cantando “Adios ríos, adiós fontes” que gravamos na nosa radio.
Se queredes escoitar os nosos traballos podedes facelo en:
http://www.ivoox.com/p_sq_f1638723_1.html