sábado, 16 de xaneiro de 2021
Xela Arias
Aínda que morreu moi nova, a súa carreira está chea de grandes obras como "Denuncia do equilibrio" ou "Darío a diario". Tamén participou en obras colectivas como "Contos dos nenos galegos", premiado nos concursos nacionais de contos infantís convocados pola Agrupación Cultural O Facho, ou "Escolma de poesía galega".
En 1986 foi finalista en dous certames, o Premio Antón Losada Diéguez coa súa primeira obra Denuncia do equilibrio e no Premio Esquío de poesía con “Lili sen pistolas”, unha obra inédita. Ademais recibiu varios premios de tradución. O 29 de maio de 2004 fíxose unha homenaxe en Vigo, organizada pola Asociación Galega de Editores, a Asociación de Tradutores Galegos e a Asociación de Escritores en Lingua Galega. En 2018, a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación creou o Premio Xela Arias que recoñece o seu traballo como tradutora.
A finais de decembro dese mesmo ano, o pleno do Concello de Redondela acordou nomear a biblioteca municipal de Chapela como "Xela Arias ", parroquia onde traballara como mestra.
Ademais de todos estes actos, Xela, xa se propuxera para ser a homenaxeada das Letras Galegas anos atrás, pero será neste 2021 cando esta muller tan destacada na nosa cultura, teña a súa celebración.
Parabéns!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Celebración das Letras Galegas e premios do Certame do noso colexio
O pasado 23 de maio celebramos as Letras Galegas no cole. O alumnado de 5º leu unha presentación sobre as cantareiras e a poesía popular or...

-
No Día das Letras Galegas homenaxeamos as cantareiras e a poesía popular oral, personificadas en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva...
-
O 23 de febreiro celébrase o día da nosa grande Rosalía. Nas nosas aulas traballamos a súa vida e a súa obra, así como o poema "Miña ca...
-
Ola familias!! Este ano celebramos o Magosto o venres, día 8 de novembro. Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con el...