mércores, 24 de febreiro de 2021
Rosalía de Castro
Hoxe é o día de Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1837-Padrón, 15 de xullo de 1885), unha poeta moi importante para a nosa cultura galega. Ademais foi unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego, pola súa achega literaria en xeral e polo feito de que os seus Cantares galegos sexan entendidos como a primeira gran obra da literatura galega contemporánea. Esta muller é o símbolo do pobo galego. No CEIP Canosa Rus, non queremos esquezer o seu traballo e é por isto que no día de hoxe fixemos moitas actividades, aí tédelas. Parabén rapazada!
luns, 15 de febreiro de 2021
13 de febreiro día da radio
Entroidos de Galicia
En moitos lugares de Galicia o Entroido é un dos grandes acontecementos do ano, é por iso, que o noso alumnado quere que, aínda que non se poidan celebrar, lembremos as diferentes tradicións e personaxes máis significativas destas datas. Por iso, estiveron investigando durante este mes de febreiro e aquí tendes o resultado, como non, amosando esa vea artística e creativa que caracteriza á rapazada deste colexio.
Gran traballo!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
ENREGUÉIFATE!
O venres 5 de decembro, o alumnado de 5º e de 6º curso de Educación Primaria asistiu a un Obradoiro de Regueifas, que nos ofreceu o Concello...
-
No Día das Letras Galegas homenaxeamos as cantareiras e a poesía popular oral, personificadas en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva...
-
No noso cole tamén aprendemos a plantar e recolectar. Grazas a Mercedes, aprendemos moito sobre cando se debe sementar nas nosas hortas. Con...
-
O pasado 23 de maio celebramos as Letras Galegas no cole. O alumnado de 5º leu unha presentación sobre as cantareiras e a poesía popular or...






