mércores, 21 de decembro de 2022
CONCURSO POSTAIS DE NADAL CONCELLO DE CORISTANCO
Onte pola mañá recibimos a visita de persoal do concello facendo entrega de uns agasallos para os/as finalistas do Concurso de postais de Nadal do concello de Coristanco. Moitos parabéns para Carla de 5 anos, Isma de 2º EP, Carla de 4º EP e Héctor de 6ºB EP!
Todas as nosas postais eran preciosas, para nós TODOS E TODAS SOMOS FINALISTAS!
xoves, 15 de decembro de 2022
CONTOS DE NADAL
Os nenos/as de 3º e 4º de EP participaron no concurso de Contos de Nadal con outros nenos e nenas da Costa da Morte. Natalia, de 4º, quedou de oitava no concurso. Parabéns! Aquí podedes ver o seu conto "Un conto especial".
MAGOSTO 2022
O 11 de novembro fixemos o magosto no noso cole. Primeiro xogamos ao tres en raia con castañas, ao xogo de encesta a castaña e ao dirixe a castaña. Como vedes, tamén fixemos animaliños con elementos da natureza, quedáron moi bonitos. Logo, para rematar a tarde, comemos castañas e bailamos todos/as no patio. Pasámolo xenial!
TEMPO DE ESFOLLA
En novembro é tempo de esfolla. Por iso, os nenos e nenas de 2º tivemos esfollando e debullando millo no patio do noso cole. Que boa maneira de estar en contacto co noso entorno!
mércores, 14 de decembro de 2022
OUTUBRO DE TEATRO
O mes de outubro foi un mes moi teatreiro. Como todos os anos participamos no XXI Concurso escolar de teatro lido “Xosé Manuel Eirís” que organiza o concello de Carballo. Encántanos!
Aquí podedes ver os vídeos das nosas obras de teatro lido . Esperamos que vos gusten tanto como nos gustou a nós facelas!
40ª EDICIÓN DA FESTA DA PATACA DE CORISTANCO
O pasado mes de setembro fixemos cousiñas tan bonitas como estas para participar, como todos os anos, na festa da pataca de Coristanco. Que boa maneira de comezar o curso!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Magosto 2024
Ola familias!! Este ano celebramos o Magosto o venres, día 8 de novembro. Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con el...
-
Onte tivemos unha visita moi especial no noso colexio. Sabela Maneiro (cantante, compositora e integrante do grupo Tanxugueiras) veu a coñec...
-
O pasado día 15 de maio, pola tarde, celebramos as Letras Galegas no noso cole. Como ben dixemos na entrada anterior, este ano a autora home...
-
O pasado venres, 17 de novembro, os alumnos e alumnas de 5º e de 6º curso tiveron un Obradoiro de Regueifas, que nos ofreceu o Concello de C...