xoves, 16 de marzo de 2023

BANDA DESEÑADA DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Galaxia publica unha biografía en banda deseñada do homenaxeado deste ano 2023 Francisco Fernández del Riego.A obra titúlase “Francisco Fernández Del Riego, o home que valía por mil”, co guión de Antón Mascato e debuxos de Pepe Carreiro. Ademais deste, xa hai outros libros publicados baseados na vida e obra de Fernández del Riego.
Tedes á vosa disposición actividades e información para traballar ao homenaxeado 2023 nas seguintes páxinas web: -https://primaveradasletras.gal/2023 -http://seminariogalan.org/

mércores, 15 de marzo de 2023

FINA CASALDERREY E OS PREMIOS CHRISTIAN ANDERSEN

A escritora pontevedresa Fina Casalderrey será a candidata española ao Premio Hans Christian Andersen, coñecido como o Nobel da Literatura Infantil e Xuvenil. A entrega de premios celebrarase en Trieste (Italia) entre o 30 de agosto e o 1 de setembro de 2024. Casalderrey é unha das autoras máis coñecidas da nosa literatura. Desexámoslle moita sorte!

luns, 13 de marzo de 2023

Concurso de recitado poético "ROSALÍA SEMPRE VIVA" 2023

O sábado pasado celebrouse en Outeiro de Rey o Concurso poético "ROSALÍA SEMPRE VIVA". A nosa compañeira de 3º Dunia Sánchez gañou na súa categoría representando o poema "Caracol" de Manuel María. Aquí podedes ver a representación do sábado. Parabéns tamén á nosa compañeira Antía de 3º, Raúl de 4º e Alba de 5º. Todos/as o fixeron xenial!

luns, 6 de marzo de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O pasado 24 de febreiro de 2023 foi o día da nosa querida Rosalía de Castro. Para celebrar este día chegou á nosa aula unha carta de Leoteca na que nos retaba a transformar a Rosalía nun animal. Aquí podedes ver o resultado. Temos os corredores cheos de "Rosalianimais". Encántannos!

Magosto 2024

Ola familias!! Este ano celebramos o Magosto o venres, día 8 de novembro. Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con el...