venres, 22 de marzo de 2024
Día da Poesía
O pasado 21 de marzo foi o Día da Poesía, e o alumnado de Educación Primaria festexouno escribindo poemas con xiz no chan do patio, xuntándose por parellas ou tríos con compañeiros e compañeiras doutras aulas. Algúns poemas eran composicións propias e outros de autores coñecidos. Despois procedimos a lelas en alto.
Aquí vos deixamos unhas imaxes!
Saída a Buño e ó Refuxio de Verdes
O pasado martes, o alumnado de 3º e 4º curso tivo unha saída ao Ecomuseo Forno do Forte, en Buño. Alí contáronlles como era a vida dos alfareiros e como fan as súas pezas, que son auténticas obras de arte. Ademais tiveron a oportunidade de realizar as súas propias pezas.
Despois disto, dirixíronse ao Refuxio de Verdes, no noso Concello, para gozar da paisaxe mentres comían e realizaban xogos.
Foi unha saída preciosa!!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
MAGOSTO 2025
Ola familias!! O venres 7 de novembro, celebramos o Magosto no cole. Fixemos unha chea de xogos divertidos, como dirixir a castaña, ences...
-
No Día das Letras Galegas homenaxeamos as cantareiras e a poesía popular oral, personificadas en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva...
-
O 23 de febreiro celébrase o día da nosa grande Rosalía. Nas nosas aulas traballamos a súa vida e a súa obra, así como o poema "Miña ca...
-
No noso cole tamén aprendemos a plantar e recolectar. Grazas a Mercedes, aprendemos moito sobre cando se debe sementar nas nosas hortas. Con...








