Achégase o 17 de maio, o Día que se celebran as Letras da nosa Lingua. Este ano dedícanselle a Luísa Villalta.
Imos a coñecela un pouco:
Luísa Villalta Gómez, A Coruña 1957-2004.
Poeta, ensaísta, dramaturga, articulista, tradutora, violinista, muller comprometida coa lingua, coa cultura, con Galiza e disposta a rebelarse contra aquilo que non sentía xusto.
Luísa nace na Coruña o 15 de xullo de 1957. Gozou dunha infancia feliz, con xogos, debuxos, patinaxe, moita música e lecturas,... xunto a súa irmá Susana e aos seus pais, Rafael Villalta e María Gómez. Estudou no colexio das Xosefinas. Cursou o bacharelato no Instituto Eusebio da Guarda. Licenciouse en Filoloxía Hispánica en Galego-Portugués na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Titulada Superior de Violín, foi integrante da Xove Orquestra de Galiza, de diferentes conxuntos de cámara e do grupo folk “Escaino”.
A música e a literatura conflúen na súa obra.
En 1988 aprobou as oposicións de Lingua e Literatura Galega, exercendo docencia en institutos coruñeses.
Formou parte da directiva de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), do Foro da Cultura Galega, da Mesa pola Normalización Lingüística. Impartiu seminarios, conferencias, recitais de poesía, publicou numerosos artigos,...
O 6 de marzo de 2004 morreu de meninxite e foi enterrada no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
A súa escrita foi premiada varias veces: no certame de relatos curtos Modesto R. Figueirido (1990), por “A taberna do holandés”; co XIII Premio Espiral Maior (2004), polo seu poemario “En concreto”; postumamente, co Premio da Crítica Galega á Creación Literaria (2005) tamén por “En concreto”, etc.
xoves, 25 de abril de 2024
mércores, 24 de abril de 2024
Día Internacional do Libro
O 23 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro, e no noso centro fixemos apadriñamentos e amadriñamentos lectores. Os/As maiores léronlle contos aos pequenos e pequenas. Pasamos uns intres moi bonitos!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Magosto 2024
Ola familias!! Este ano celebramos o Magosto o venres, día 8 de novembro. Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con el...
-
Onte tivemos unha visita moi especial no noso colexio. Sabela Maneiro (cantante, compositora e integrante do grupo Tanxugueiras) veu a coñec...
-
O pasado día 15 de maio, pola tarde, celebramos as Letras Galegas no noso cole. Como ben dixemos na entrada anterior, este ano a autora home...
-
O pasado venres, 17 de novembro, os alumnos e alumnas de 5º e de 6º curso tiveron un Obradoiro de Regueifas, que nos ofreceu o Concello de C...