O pasado día 15 de maio, pola tarde, celebramos as Letras Galegas no noso cole. Como ben dixemos na entrada anterior, este ano a autora homenaxeada é Luísa Villalta, da cal falou o alumnado do primeiro ciclo neste festival.
Aproveitamos esta festividade para repartir os premios dos gañadores e gañadoras do Certame que organizamos ano tras ano no noso centro, nas súas respectivas modalidades en cada ciclo: banda deseñada, debuxo, poesía, narrativa e monográfico. Ao equipo de Dinamización da Lingua Galega foinos difícil decidir cales serían os traballos gañadores, xa que eran de moita calidade. Noraboa a todos/as!! Queremos agradecer aos nosos colaboradores en ditos premios: Editorial Xerais, Kalandraka, Vicens Vives, Santillana, Libraría Clarión e Librería Brañas Verdes, ambas de Carballo.
Tivemos, ademais, dúas actuacións musicais, unha dunhas pandereteiras moi especiais, pois son compañeiras da aula de 3º curso: Alba, Carla Varela e Daniela. Fixérono estupendamente!!
Rematamos o acto co baile de "Terra" das Tanxugueiras, que tiñamos preparado todo o alumnado.
Foi unha tarde moi especial!!
Que viva a nosa Lingua!!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
ENREGUÉIFATE!
O venres 5 de decembro, o alumnado de 5º e de 6º curso de Educación Primaria asistiu a un Obradoiro de Regueifas, que nos ofreceu o Concello...
-
No Día das Letras Galegas homenaxeamos as cantareiras e a poesía popular oral, personificadas en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva...
-
No noso cole tamén aprendemos a plantar e recolectar. Grazas a Mercedes, aprendemos moito sobre cando se debe sementar nas nosas hortas. Con...
-
O pasado 23 de maio celebramos as Letras Galegas no cole. O alumnado de 5º leu unha presentación sobre as cantareiras e a poesía popular or...



