luns, 17 de novembro de 2025

MAGOSTO 2025

 

Ola familias!!

O venres 7 de novembro, celebramos o Magosto no cole. 

Fixemos unha chea de xogos divertidos, como dirixir a castaña, encestar castañas , tres en raia ou o xogo do pano.

Tamén, cos materiais de outono que trouxeron os nenos/as da casa (millo, piñas, follas, castañas...), fixemos un Land Art sobre o corpo humano relacionado co noso PDI deste curso "O corpo en harmonía". 

Por último, degustamos todos xuntos as castañas que trouxemos e nos asou Rosa na cociña.

Foi un día moi divertido!









MAGOSTO 2025

  Ola familias!! O venres 7 de novembro, celebramos o Magosto no cole.  Fixemos unha chea de xogos divertidos, como dirixir a castaña, ences...