martes, 18 de maio de 2021

Certame Asunción Antelo

Hoxe tivemos o pracer de poder asistir á exposición dos traballos gañadores do Certame de Asunción Antelo organizado polo concello de Coristanco. A verdade é que todos os colexios presentaron uns traballos con moita calidade. Non queremos desvelar aínda os premiados do CEIP Canosa Rus xa que faremos a entrega de agasallos o venres 21 pero...aquí tedes algunha mostra...o venres xa poderemos ver os do cole!!que nervios!

martes, 11 de maio de 2021

Mes das Letras galegas, 17 de maio 2021

Durante todo este mes de maio o noso alumnado celebrará con diferentes actividades o mes das Letras Galegas adicado este ano a Xela Arias. Entre as actividades propostas está o obradoiro de marcapáxinas, kahoot da vida de Xela Arias, elaboración de retratos da escritora... Para finalmente gozar da entrega de premios do noso XXIII Certame Literario e unha sesión de xogos o próximo 21 de maio. Deixámosvos unha pequena mostra dos e das grandes artistas que temos neste colexio, por non dicir do gran nivel das poesías, narrativa, banda deseñada.... que recollemos para a participación no certame, a verdade é que ao xurado puxéronnolo moi difícil.

martes, 20 de abril de 2021

Barquiños de casca de noz

A semana pasada o noso alumnado realizou unha saída pola contorna para ver navegar os barquiños polo río. Estes barquiños fixéronos en clase con casca de noz, masa de fariña e follas. Unha saída moi bonita xa que nos acompañou un tempo fantástico e puidemos gozar dun bo paseo pola natureza.

xoves, 11 de marzo de 2021

Día mundial da poesía

O alumnado de 4º de educación primaria quere compartir unhas poesías para festexar este día, escoitade que ben o fan! Ademais aroveitamos para lembrar a Rosalía de Castro: Podedes atopalas tamén en RADIO NA BIBLIO 20/21! Coma sempre, parabéns rapazada!

mércores, 24 de febreiro de 2021

Rosalía de Castro

Hoxe é o día de Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1837-Padrón, 15 de xullo de 1885), unha poeta moi importante para a nosa cultura galega. Ademais foi unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego, pola súa achega literaria en xeral e polo feito de que os seus Cantares galegos sexan entendidos como a primeira gran obra da literatura galega contemporánea. Esta muller é o símbolo do pobo galego. No CEIP Canosa Rus, non queremos esquezer o seu traballo e é por isto que no día de hoxe fixemos moitas actividades, aí tédelas. Parabén rapazada!

luns, 15 de febreiro de 2021

13 de febreiro día da radio

O alumnado de 6º de educación primaria deléitanos cun programa moi especial para celebrar o día da radio, que foi este sábado. Parabéns equipo, sodes xeniais!

Entroidos de Galicia

En moitos lugares de Galicia o Entroido é un dos grandes acontecementos do ano, é por iso, que o noso alumnado quere que, aínda que non se poidan celebrar, lembremos as diferentes tradicións e personaxes máis significativas destas datas. Por iso, estiveron investigando durante este mes de febreiro e aquí tendes o resultado, como non, amosando esa vea artística e creativa que caracteriza á rapazada deste colexio. Gran traballo!

PRODUTO FINAL DO NOSO PDI "O CORPO EN HARMONÍA"

 O venres día 22 de maio, fixemos no cole como cada curso o produto final do noso PDI, este curso foi "O corpo en harmonía", e est...