luns, 27 de xaneiro de 2025

A importancia do sector primario

O alumnado de 4º curso de Educación Primaria realizou unha actividade, xunto coas súas familias, sobre a importancia do sector primario.
Fixeron maquetas sobre a elaboración de determinados alimentos, e expuxérono.
O resultado foi impresionante.

Contacontos

Uns días atrás, grazas ao concello de Coristanco, recibimos no noso colexio á contacontos Raquel Queizás.
Co seu espectáculo cantamos, rimos... pasámolo xenial!!

Enreguéifate!

Hai uns días, o alumnado de 5º e de 6º curso de Educación Primaria asistiu a un Obradoiro de Regueifas, que nos ofreceu o Concello de Carballo dende o Servizo de Normalización Lingüística.
Lupe Blanco e Josinho da Teixeira ensináronnos esta arte tan enriquecedora da nosa zona. Os/as alumnos/as fixeron as súas propias regueifas e divertíronse ó mostrarllas ós/ás demais compañeiros/as.
Que sorte tivemos de que nos visitaran estes profesionais!!

Tradicións familiares do Nadal nas nosas aldeas!!

Aquí vos deixamos o resultado dos traballos que moitos/as alumnos/as realizaron coas nosas familias en Nadal.
Contamos as tradicións familiares destes días tan especiais.

xoves, 14 de novembro de 2024

Magosto 2024

Ola familias!!
Este ano celebramos o Magosto o venres, día 8 de novembro.
Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con elementos do outono que troixemos das nosas casas. A temática destas figuras do Land Art eran as casas da aldea, xa que este ano o Proxecto Documental Integrado do centro leva ese nome.
Despois, comemos as castañas que troixemos e que Rosa nos preparou na cociña.
Velaquí vos deixamos algunhas imaxes deste día.

mércores, 19 de xuño de 2024

Música tradicional a ritmo das Tanxugueiras!!

Onte tivemos unha visita moi especial no noso colexio. Sabela Maneiro (cantante, compositora e integrante do grupo Tanxugueiras) veu a coñecernos. Explicounos a importancia de falar na lingua galega, a súa experiencia cantando por todo o mundo en galego, respondeu a todas as preguntas que tiñamos e, por último, cantounos. Ata tocou a pandeireta con algunha compañeira do cole que se animou!! Logo, sacou fotos con todos e todas nós.

Foi unha experiencia moi bonita!! Moitas grazas, Sabela!!

PRODUTO FINAL DO NOSO PDI "O CORPO EN HARMONÍA"

 O venres día 22 de maio, fixemos no cole como cada curso o produto final do noso PDI, este curso foi "O corpo en harmonía", e est...