xoves, 21 de xuño de 2018

IMOS DE EXCURSIÓN

P1190593

O venres 15 de xuño visitamos a Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei. A esta viaxe convidounos a Casa Museo, por ter participado na homenaxe a Manuel María, no Pazo da Cultura, en Carballo, con motivo do 50 aniversario da publicación da súa obra Os soños na gaiola.

P1190632

Xantamos na carballeira de Santa Isabel, na beira do río Miño. Despois  entramos na catedral e percorremos a muralla. E aínda que vos pareza mentira, encotrámonos con moitos romanos!

GRAVAMOS!!

P1190581


 Este programiña repartímolo en só dúas seccións: “ Noticieiro de terceiro” e “ Recuncho poético”.  Pretendemos engadir outra máis, de entrevistas, que titularemos “CANOSA XENTE”. A nosa intención é que estas seccións teñan vocación de continuidade.


Participou  todo o alumnado de 3º. Repartíronse en dous grupos: o de noticias e o de poesía. As noticias, algunhas foron redactadas polos nenos e  outras redactámolas todos xuntos na aula. A parte poética, consistiu no recitado duns poemiñas breves, que elaboramos a partir de palabras roubadas nas poesías de Antonio García Teijeiro.  Dous alumnos presentaron cada unha das seccións. Eles encargáronse de redactar a introdución do seu apartado en ao mesmo tempo fixeron as súas primeiras practicas na mesa de mesturas.

domingo, 20 de maio de 2018

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

    DECORAMOS UN RETRATO  EN GRAN FORMATO DA AUTORA


Cada neno debuxa un retrato pequeniño de María Victoria Moreno,  e decoran os marcos o mellor posible.   Estes retratos conformarán o marco do retrato en grande da autora, que pintarán algúns nenos e nenas.

Este expoñémolo no ximnasio, onde celebramos o acto de homenaxe .MODIFICADO3

No acto que nós celebramos, ademais de a María Victoria Moreno, tamén recordamos a Manuel María, porque se cumpren os 50 anos da publicación da súa obra Os soños na gaiola.  A música e a poesía van unidas, así que tamén cantamos unha canción de Batallán (  No niño novo do vento, un poema de Cunqueiro). Para rematar o acto, cantamos todos o Himno Galego.

En primeiro lugar, un grupo de alumnos de 6º preséntannos a María Victoria Moreno, a través dunha pequena dramatización.

P1190362

Posteriormente, as nenas e nenos de 2º realizan unha  dramatización  a partir da adaptación da obra de María Victoria Moreno Eu conto, ti cantas.

segundo

 O alumnado de 3º e 5º recitan uns poemas da obra de Manuel María, Os soños na gaiola, e cantan unha canción.


 Consideramos que falar e escribir en galego é a mellor homenaxe que se lle pode facer a aqueles escritores que tamén  utilizaron e amaron a nosa lingua. Xa levamos vinte anos celebrando un Certame Literario, e agardamos seguir outros vinte anos máis polos menos…. Os nenos de 6º, que para o curso que vén xa estarán no instituto,  son os encargados de entregar os agasallos aos alumnos premiados polo seu conto, debuxo, banda deseñada, poesía ou monográfico.


premios

Finalmente, cantamos todos o Himno Galego. Toca a gaita Ana, a mestra de E.Física.

P1190377

domingo, 13 de maio de 2018

PROXECTO "LENDARIO"

XOGA CO NOSO ESCORNALENDA


P1190120

Panel do escornalenda debuxado polo alumnado de 3º

REGRAS DO XOGO:

  1. O primeiro xogador debe posicionar o escornabot no trasno e de aí dirixirse cara a casiña que representa o desorde.

  2. O segundo xogador pode comezar no personaxe que desexe e, desde aquí á casiña que lle corresponda segundo a lenda.

  3. Cando se complete unha parella, pode irse a un novo personaxe.

  4. Mentres estea xogando calquera un deles, o contrario pode atrancarlle o camiño coa tarxeta do trasno, de xeito que pode verse obrigado a modificar a traxectoria.

  5. A cada xogador correspóndelle unha tarxeta do trasno.

  6. O xogo remata cando se complete o taboleiro.

PRODUTO FINAL DO NOSO PDI "O CORPO EN HARMONÍA"

 O venres día 22 de maio, fixemos no cole como cada curso o produto final do noso PDI, este curso foi "O corpo en harmonía", e est...