Pedra da Arca ( Cerqueda, Malpica)
A pedra da Arca, localízase na parroquia de Cerqueda (Malpica), nun monte que se limpou recentemente, polo que o monumento é doado de encontrar. Trátase dun dolmen de corredor, con máis de cinco mil anos. A cámara é poligonal e o corredor oriéntase cara o leste. A laxe superior , que pesaría unhas quince toneladas, está partida e inclinada sobre a cámara. Aínda se pode observar o lugar onde se colocou o barreno para rompela.
Consérvanse restos da gran mámoa que o cubría. Fronte a este dolmen, hai outra mámoa de grandes dimensións.
Conta a lenda que as pedras que forman este dolmen foron carrexadas por unha moura que viña voando, levando as pedras na cabeza, mentres fiaba e daba o peito a un neniño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario