ANTÓN FRAGUAS
O homenaxeado, en 2019, no Día das Letras Galegas é Antón Fraguas Fraguas:
Nace o 28 de decembro de 1905 en Cotobade ( Pontevedra). En 1928 xa formaba parte do Seminario de Estudos Galegos nas seccións de Etnografía, Folclore e Xeografía. Fíxose mestre en 1933, pero durante a guerra obrigárono a abandonar. Entre 1943 e 1950 volveu á Universidade, obtivo a cátedra de Instituto. No 1951 ocupa o asento de Castelao na Real Academia Galega. Dirixiu o Museo do Pobo Galego desde a súa fundación ata a súa morte. En 1984 recibiu a medalla Castelao, en 1995 a medalla das Artes e das Letras de Galicia. Morre en Santiago o 5 de novembro de 1999.
Ningún comentario:
Publicar un comentario