A mestra de 6º de Educación Infantil, explicoulle a varios cursos como se celebra o entroido nalgunhas vilas de Ourense, centrándose nos BOTEIROS de Viana do Bolo, a súa vila natal.
O BOTEIR0
- É a figura máis importante do Entroido de Viana do Bolo.
- Danza abrindo paso ao Folión ou acompaña (sempre en parella) ás Comparsas, amosándolle aos integrantes destas comitivas a ruta a seguir no desfile.
- Os seus chimpos, berros e movemento de esquilas fan que non pase inadvertido e se converta no auténtico protagonista da festa do entroido.
- Ademais do Boteiro vianés cabe sinalar o Boteiro de Vilarmeao, que se viste como o de Viana pero varía na Pantalla, xa que a substitúe por un sombreiro en forma de cono adornado con grilandas en espiral e tamén na Careta, que é de cartón, mentres que o boteiro tena de madeira. Danza sempre en círculos ao ritmo que lle marca o Folión. https://www.youtube.com/watch?v=oyZo7kN_m5k
Mural do vestíbulo co boteiro e pantallas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario