mércores, 22 de maio de 2019
María Canosa, na Canosa
O luns 20 de maio recibimos no colexio á escritora María Canosa. O alumnado de 2º e 3º de primaria leron o seu poemario Acuario, e María asinoulle os libros ao final do acto.
Contounos que se sentía moi contenta de estar nun colexio onde xa viñera súa nai, a tamén escritora Concha Blanco, xa haberá uns vinte anos.
As nenas e nenos formuláronlle preguntas como: Canto tempo che leva escribir un libro?, Que sentes cando escribes poesía?, Cal e o teu escritor favorito?, Que afeccións tes?....
Descubrimos que admira a Castelao e a súa nai, que lle gusta pasear, ir á praia, ler e estar cos seus fillos; que ten moitas ocupacións e que non pode dedicarlle a escribir todo o tempo que quixera…
Tamén se someteu ás preguntas de catro pequenas xornalistas na radio do colexio, Canosa Onda. María Canosa bromeu co seu apelido: o noso colexio é o Canosa-Rus e a radio é Canosa Onda. Vaia homenaxe lle fixemos!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Magosto 2024
Ola familias!! Este ano celebramos o Magosto o venres, día 8 de novembro. Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con el...
-
Onte tivemos unha visita moi especial no noso colexio. Sabela Maneiro (cantante, compositora e integrante do grupo Tanxugueiras) veu a coñec...
-
O pasado día 15 de maio, pola tarde, celebramos as Letras Galegas no noso cole. Como ben dixemos na entrada anterior, este ano a autora home...
-
O pasado venres, 17 de novembro, os alumnos e alumnas de 5º e de 6º curso tiveron un Obradoiro de Regueifas, que nos ofreceu o Concello de C...
Ningún comentario:
Publicar un comentario