xoves, 28 de maio de 2020
Cuidámosvos, abelliñas!
O alumnado de 3º e 4º ten moi claro que as abellas son uns insectos moi importantes para a polinización das plantas e ademais producen un rico mel. Tamén saben que están seriamente ameazadas polo uso de pesticidas e polas s avespas velutinas, que son unhas depredadoras voraces. Todos debemos colaborar na súa protección. Velaquí algúns carteis que elaboraron os nosos nenos e nenas.
mércores, 27 de maio de 2020
DENTRO VÍDEO!
Nas últimas semanas, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio, en colaboración co resto do profesorado, elaborouse un vídeo con moitas das creacións literarias e artísticas dos vosos fillos/as que podedes ver na seguinte entrada do blog e Leoteca. Queremos agradecer unha vez máis ao noso alumnado e ás súas familias o seu esforzo por continuar traballando nas diferentes modalidades do Certame Literario, que, polo motivo de todos coñecido, non puido levarse a cabo.
Dentro vídeo!
Tamén se fixo complicado supervisar debidamente por medios telemáticos as producións dos nenos, polo que agardamos que poidan disculpar os erros que poida haber.
O EDLG, ten moi claro que a mellor homenaxe que se lle pode facer ao escritor homenaxeado, o profesor Ricardo Carvalho Calero e aos nosos devanceiros, que mantiveron viva a nosa lingua, é escribir e falar en galego. É esta a única maneira de que lla poidamos transmitir aos nosos fillos...Cando a levamos no corazón!
Dentro vídeo!
domingo, 24 de maio de 2020
Vai de banda
Temos aquí algúns dos cómics debuxados polos noso alumnado. Se cadra hai algún falliño que agardamos nos poidan desculpar.
Especial, sexto
IMOS DE CORENTENA!
Na casa temos que estar
porque os contaxios poden aumentar.
Tod@s nos quexamos por non poder saír,
pero é polo noso ben e do país.
Botamos de menos a toda a clase,
Xa que as súas tonterías son parte da equipaxe.
Por culpa deste coronabicho
non podemos ir de excursión,
o noso último ano…
Que depresión!!!!
O certame literario
non podemos celebrar
tod@s xuntos no ximnasio,
como era de esperar.
Agora será virtual
coma os nosos videoxogos
aos que nos gusta xogar.
Moito durmín e comín,
por iso todos os días
saio ao xardín,
xogar coa miña cadela
e facer unha “voltereta”.
Todo o que atopei por diante pintei,
o rotulador acabouse
e a paciencia da miña nai tamén.
Todos botamos de menos a un ser querido.
Eu boto de menos ao meu mellor amigo.
Xa estou desexando
que se remate esta corentena ,
e así poder esquecer
toda esta faena.
No futuro isto será
como unha mala época,
pero nos libros aparecerá
como a máis longa corentena.
Sei que isto logo vai rematar,
e moi ledos á escola
voltaremos para estudar.
Laura 6º
OS CAMBIOS NA NATUREZA
Observando o exterior, despois de hai máis de corenta días dende que deixamos de ir ao cole pola epidemia do coronavirus, vexo que neste tempo houbo cambios nas nosas vidas e tamén na natureza que está máis viva ca nunca.
Cando empezamos o confinamento aínda era inverno e moitas árbores non tiñan follas; agora xa é primavera e teñen as pólas cubertas. Algunhas froiteiras teñen flores e mesmo froitas aínda verdes.
Os campos e os xardíns están adornados con milleiros de flores de cores. Tamén notei que os paxariños cantan moito máis.
Andrea
MEU AMIGUIÑO GOLFIÑO
Ía no meu barquiño de papel,
navegando nas ondas do mar
estaba a ser un cascabel
e a piques de naufragar.
Eu berraba e pensaba
que ninguén me escoitaba
de súpeto apareceches,
e a rescatarme viñeches.
Por iso golfiño,
cando volva navegar,
sempre te hei de lembrar
como o meu amiguiño.
Eloy
martes, 19 de maio de 2020
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Magosto 2024
Ola familias!! Este ano celebramos o Magosto o venres, día 8 de novembro. Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con el...
-
Onte tivemos unha visita moi especial no noso colexio. Sabela Maneiro (cantante, compositora e integrante do grupo Tanxugueiras) veu a coñec...
-
O pasado día 15 de maio, pola tarde, celebramos as Letras Galegas no noso cole. Como ben dixemos na entrada anterior, este ano a autora home...
-
O pasado venres, 17 de novembro, os alumnos e alumnas de 5º e de 6º curso tiveron un Obradoiro de Regueifas, que nos ofreceu o Concello de C...