xoves, 26 de novembro de 2020
CERTAME DE PODCAST XOSÉ MOSQUERA PÉREZ
mércores, 25 de novembro de 2020
Di NON á violencia de xénero
luns, 23 de novembro de 2020
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO.
martes, 17 de novembro de 2020
Xogos no Magosto
Arte no Magosto
Paula Carballeira
luns, 2 de novembro de 2020
Recordamos a Carvalho Calero
O día das letras galegas deste ano 2020, como todo el, é un pouco diferente….En maio, dende a casa, o noso alumnado traballou e aprendeu moito sobre a vida de Ricardo Carvalho Calero , e claro, como non se homenaxeou como se merece, decidiron adialo ao 31 de outubro, xusto o día seguinte da conmemoración do 110 aniversario do seu nacemento.
Ricardo Carvalho Calero foi profesor de Lingüística e Literatura Galega, licenciado en Dereito e Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, doutor en Letras pola Universidade Central de Madrid, ademais de escritor e poeta, foi unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX. Durante toda a súa vida exerceu como secretario do Seminario de Estudos Galegos, membro da Real Academia Galega e director do Colexio Fingoi (entre 1950 e 1965).
Por todo isto, os alumnos e as alumnas do cole achegaron os retratos de Carvalho Calero que fixeron en maio e agora amósannolo a todos. Como podedes ver....son uns e unhas artistas!
Ademais, dende a radio e nas aulas dedicarémoslle unhas verbas a este intelectual ferrolán que fixo tanto pola nosa cultura.
Graciñas, rapazada, polas vosas obras. Son unha marabilla!
Celebracións do outono
Os/as nosos/as alumnos/as fixeron unha investigación moi interesante sobre as festas do Outono, Queredes coñecer o que atoparon?
Pois alá imos.....
O Samaín é unha festividade de orixe celta na que se celebraba o fin da tempada de colleitas e era como “Ano novo Celta”. A partir dese momento comezaba a estación “escura”. O seu propio nome significa “Fin do verán”.
Na zona de Carballo, Coristanco...que é de onde procede a meirande parte do noso alumnado segundo as investigacións realizadas, na época dos seus avós e das súas avoas a festa do Samaín era coñecida,, aínda que moitos non lle daban ese nome, senón que era a noite que precedía ao día de Tódolos Santos, pero si que a celebraban.
Baleiraban as cabazas sementadas durante o ano, facíanlle os ollos, decorábanas e metíanlle candeas. Despois colocábanas nos camiños para afastarse aos “malos espíritos”. Pero tamén as cabazas servían como alimento para os animais ademais do millo. Tamén se lle coñece como “melóns”. Tamén se lle botaba cabaza ao caldo e en moitas ocasións substituía ás patacas. E a quen non lle vai gustar un alimento tan sabedor!
Pero falemos da festa que de iso os galegos e as galegas sabemos moito! Pois como toda tradición galega, ese día estaba acompañado de boa comida como filloas, que tamén se comen no entroido, caldo, castañas, chourizo... e bebían viño, anís, queimada e todo iso con boa música de pandeireta e gaitas.
Na zona de costa, neste día tamén era moi habitual pedir, sobre todo nas tabernas da aldea, cacahuetes e doces, pois daquela era un luxo para moitas familias poder gozar destes caprichos. A rapazada vestíase con trapos vellos para conseguir doces dalgún veciño.
Despois de tanta festa, tocaba celebrar un día moi sagrado, O día de Tódolos Santos e Fieis Defuntos, onde maiores e pequenos ían ao cemiterio levar flores aos seus defuntiños. Era un día de loito. A familia xuntábase e despois de ir á misa quedaban na casa arredor da lareira.
O Magosto era moi similar. Despois dun duro traballo de colleita das castañas onde axudaban todos os veciños, xuntábanse arredor da lareira e asábanas na cociña de ferro ou cocíanas con névedas, fiúncho, anís ou leite. Despois facían unha boa foliada con cantos tradicionais, pandeiros e pandeiretas e comían e bebían facendo moita festa. Tamén facían chulas con fariña de trigo e freixós. Esta festa coincidía en moitos lugares coa fin da vendima polo que tamén gozaban do viño novo dese ano. Ademais para a celebración do Magosto a rapazada lucía colares de castañas. E sabedes que? Gañaba o máis longo, cantas máis voltas lle daba arredor do pescozo, mellor!
Hoxe en día, os festexos cambiaron moito, puxémoslle nomes, ás veces deixámonos influenciar por outras culturas...pero o ambiente de festa que nos caracteriza aos galegos e as galegas segue presente. Esas ganas de xuntarnos, compartir unha boa comida e cantar, bailar ata esgotarnos, non se esquece. Agora temos que vivir con esta nova situación; sen dúbida, este ano non se esquecerá tan rápido pero… Ánimo familias! Porque estamos seguros que moi cedo poderemos volver a compartir bos momentos e continuar coas tradicións que tanto marcaron a vida dos nosos maiores.
Lembrade:
“A castaña no magosto enche a pota e mais o forno”
Magosto 2024
Ola familias!! Este ano celebramos o Magosto o venres, día 8 de novembro. Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con el...
-
Onte tivemos unha visita moi especial no noso colexio. Sabela Maneiro (cantante, compositora e integrante do grupo Tanxugueiras) veu a coñec...
-
O pasado día 15 de maio, pola tarde, celebramos as Letras Galegas no noso cole. Como ben dixemos na entrada anterior, este ano a autora home...
-
O pasado venres, 17 de novembro, os alumnos e alumnas de 5º e de 6º curso tiveron un Obradoiro de Regueifas, que nos ofreceu o Concello de C...