martes, 17 de novembro de 2020
Arte no Magosto
O pasado venres 13 de novembro, celebramos o Magosto no colexio. O noso alumnado xa investigara días antes sobre estes festexos, e tiña moi claro que a castaña é a gran protagonista, polo que se converteu durante todo o día na nosa compañeira de actividades.Escoitade!
https://go.ivoox.com/rf/60332860
Nenas e nenos de todos os niveis participaron nunha xornada de xogos en grupos de convivencia e realizaron un novidoso obradoiro de “Land art”, para o que todos achegaron castañas, follas, pedriñas, paus, abelás, pinas, carozos, millo... E… para que é todo isto? Pois trátase de arte efémera, é dicir, realizar diferentes composicións artísticas con elementos da natureza. E, por suposto, o alumnado do CEIP Canosa Rus amosou unha vez máis que a creatividade e as dotes artísticas están moi presentes na nosa escola. Pero como unha imaxe vale máis que mil palabras......
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
PRODUTO FINAL DO NOSO PDI "O CORPO EN HARMONÍA"
O venres día 22 de maio, fixemos no cole como cada curso o produto final do noso PDI, este curso foi "O corpo en harmonía", e est...
-
Ola familias!! O venres 7 de novembro, celebramos o Magosto no cole. Fixemos unha chea de xogos divertidos, como dirixir a castaña, ences...
-
XOGA CO NOSO ESCORNALENDA Panel do escornalenda debuxado polo alumnado de 3º REGRAS DO XOGO: O primeiro xogador debe posicionar o escornab...
-
O alumnado de E.Infantil de 5 anos, 2º A, 2ºB e 3º plantou unhas landras en botas ou zapatos vellos no mes de decembro, despois de leren n...
Ningún comentario:
Publicar un comentario