sábado, 27 de maio de 2023
CONCURSO DE PODCAST "O VELLO DOS CONTOS"
Os nenos e nenas de 6º participaron este curso no concurso de PODCAST "O VELLO DOS CONTOS". Aquí podedes escoitar as súas creacións.
https://drive.google.com/file/d/1649jaOangQsxervJzJS1muXTqE9p6Ybf/view?usp=drive_link INFORMANDO DESDE RUS
https://drive.google.com/file/d/1Fy267TRPNIyR8l7lTfSA_Ffb5L9M2HeE/view?usp=drive_link O BAR
https://drive.google.com/file/d/16UYzIpJtfijWwsi_4OSZpJz6eUs9-wGU/view?usp=drive_link O CONCURSO
https://drive.google.com/file/d/1yj_Mxm63nqnTT6COnqLwJauvEWJiMB_3/view?usp=drive_link UN PASEO POLO CANOSA
LETRAS GALEGAS 2023 NO COLE!
Que bonito foi o día 16 de maio. Este ano estivo adicado a Francisco Fernández del Riego, Don Paco.Para homenaxealo, fixemos toda unha foliada no patio traseiro que coincidiu coa entrega de premios do noso certame literario 2022- 2023. Foi unha tarde moi divertida, pasámolo xenial. Aquí podedes ver algunhas fotos.
venres, 26 de maio de 2023
CERTAME LITERARIO ASUNCIÓN ANTELO
Hoxe fomos recoller os agasallos dos premiados e premiadas do CERTAME LITERARIO ASUNCIÓN ANTELO DO Concello de Coristanco. Que bonito foi e que ben o pasamos!
xoves, 25 de maio de 2023
LETRAS GALEGAS 2023
Este ano o homenaxeado das Letras Galegas 2023 que se celebrou o mércores da semana pasada foi FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, "Don Paco".
Aquí vos deixamos unha pequena biografía del.
Francisco Fernández del Riego ( Vilanova de Lourenzá-Lugo, 1913 - Vigo, 2010). Desde os anos 30 desenvolveu un traballo constante a prol da cultura galega que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia. Profesor de Dereito Penal, comezou a militar nas filas do galeguismo na II República, foi un dos fundadores da Editorial Galaxia (1950) e director xunto a Ramón piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega que abarca case todos os xéneros. Dise que é “a máis importante das figuras da restauración política e cultural de Galicia do século XX”. Entre os seus traballos escritos citar:
Índice cultural e artístico do renacemento galego (1931),
Presencia de Galicia nos vieiros do arte novo (1933),
Cos ollos do noso espírito (Bos Aires, 1949),
Escolma da poesía galega: os contemporáneos (1955),
Escolma da poesía galega: o século XIX (1957),
Manual de Historia da literatura galega (1971),
Vocabulario castellano-Gallego (1979),
O río do tempo, unha historia vivida (1990),
Un epistolario de Ramón Piñeiro (2000)
e Camiño andado (2003), entre outras.
En pouquiño tempo teredes máis novas do certame literario e do día das Letras Galegas 2023 que se celebraron no cole. Pasámolo xenial!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Magosto 2024
Ola familias!! Este ano celebramos o Magosto o venres, día 8 de novembro. Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con el...
-
Onte tivemos unha visita moi especial no noso colexio. Sabela Maneiro (cantante, compositora e integrante do grupo Tanxugueiras) veu a coñec...
-
O pasado día 15 de maio, pola tarde, celebramos as Letras Galegas no noso cole. Como ben dixemos na entrada anterior, este ano a autora home...
-
O pasado venres, 17 de novembro, os alumnos e alumnas de 5º e de 6º curso tiveron un Obradoiro de Regueifas, que nos ofreceu o Concello de C...