xoves, 25 de maio de 2023
LETRAS GALEGAS 2023
Este ano o homenaxeado das Letras Galegas 2023 que se celebrou o mércores da semana pasada foi FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, "Don Paco".
Aquí vos deixamos unha pequena biografía del.
Francisco Fernández del Riego ( Vilanova de Lourenzá-Lugo, 1913 - Vigo, 2010). Desde os anos 30 desenvolveu un traballo constante a prol da cultura galega que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia. Profesor de Dereito Penal, comezou a militar nas filas do galeguismo na II República, foi un dos fundadores da Editorial Galaxia (1950) e director xunto a Ramón piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega que abarca case todos os xéneros. Dise que é “a máis importante das figuras da restauración política e cultural de Galicia do século XX”. Entre os seus traballos escritos citar:
Índice cultural e artístico do renacemento galego (1931),
Presencia de Galicia nos vieiros do arte novo (1933),
Cos ollos do noso espírito (Bos Aires, 1949),
Escolma da poesía galega: os contemporáneos (1955),
Escolma da poesía galega: o século XIX (1957),
Manual de Historia da literatura galega (1971),
Vocabulario castellano-Gallego (1979),
O río do tempo, unha historia vivida (1990),
Un epistolario de Ramón Piñeiro (2000)
e Camiño andado (2003), entre outras.
En pouquiño tempo teredes máis novas do certame literario e do día das Letras Galegas 2023 que se celebraron no cole. Pasámolo xenial!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
ENREGUÉIFATE!
O venres 5 de decembro, o alumnado de 5º e de 6º curso de Educación Primaria asistiu a un Obradoiro de Regueifas, que nos ofreceu o Concello...
-
No Día das Letras Galegas homenaxeamos as cantareiras e a poesía popular oral, personificadas en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva...
-
O pasado 23 de maio celebramos as Letras Galegas no cole. O alumnado de 5º leu unha presentación sobre as cantareiras e a poesía popular or...
-
XOGA CO NOSO ESCORNALENDA Panel do escornalenda debuxado polo alumnado de 3º REGRAS DO XOGO: O primeiro xogador debe posicionar o escornab...

Ningún comentario:
Publicar un comentario