venres, 26 de maio de 2023

CERTAME LITERARIO ASUNCIÓN ANTELO

Hoxe fomos recoller os agasallos dos premiados e premiadas do CERTAME LITERARIO ASUNCIÓN ANTELO DO Concello de Coristanco. Que bonito foi e que ben o pasamos!

xoves, 25 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

Este ano o homenaxeado das Letras Galegas 2023 que se celebrou o mércores da semana pasada foi FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, "Don Paco". Aquí vos deixamos unha pequena biografía del. Francisco Fernández del Riego ( Vilanova de Lourenzá-Lugo, 1913 - Vigo, 2010). Desde os anos 30 desenvolveu un traballo constante a prol da cultura galega que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia. Profesor de Dereito Penal, comezou a militar nas filas do galeguismo na II República, foi un dos fundadores da Editorial Galaxia (1950) e director xunto a Ramón piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega que abarca case todos os xéneros. Dise que é “a máis importante das figuras da restauración política e cultural de Galicia do século XX”. Entre os seus traballos escritos citar: Índice cultural e artístico do renacemento galego (1931), Presencia de Galicia nos vieiros do arte novo (1933), Cos ollos do noso espírito (Bos Aires, 1949), Escolma da poesía galega: os contemporáneos (1955), Escolma da poesía galega: o século XIX (1957), Manual de Historia da literatura galega (1971), Vocabulario castellano-Gallego (1979), O río do tempo, unha historia vivida (1990), Un epistolario de Ramón Piñeiro (2000) e Camiño andado (2003), entre outras.
En pouquiño tempo teredes máis novas do certame literario e do día das Letras Galegas 2023 que se celebraron no cole. Pasámolo xenial!

xoves, 16 de marzo de 2023

BANDA DESEÑADA DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Galaxia publica unha biografía en banda deseñada do homenaxeado deste ano 2023 Francisco Fernández del Riego.A obra titúlase “Francisco Fernández Del Riego, o home que valía por mil”, co guión de Antón Mascato e debuxos de Pepe Carreiro. Ademais deste, xa hai outros libros publicados baseados na vida e obra de Fernández del Riego.
Tedes á vosa disposición actividades e información para traballar ao homenaxeado 2023 nas seguintes páxinas web: -https://primaveradasletras.gal/2023 -http://seminariogalan.org/

mércores, 15 de marzo de 2023

FINA CASALDERREY E OS PREMIOS CHRISTIAN ANDERSEN

A escritora pontevedresa Fina Casalderrey será a candidata española ao Premio Hans Christian Andersen, coñecido como o Nobel da Literatura Infantil e Xuvenil. A entrega de premios celebrarase en Trieste (Italia) entre o 30 de agosto e o 1 de setembro de 2024. Casalderrey é unha das autoras máis coñecidas da nosa literatura. Desexámoslle moita sorte!

luns, 13 de marzo de 2023

Concurso de recitado poético "ROSALÍA SEMPRE VIVA" 2023

O sábado pasado celebrouse en Outeiro de Rey o Concurso poético "ROSALÍA SEMPRE VIVA". A nosa compañeira de 3º Dunia Sánchez gañou na súa categoría representando o poema "Caracol" de Manuel María. Aquí podedes ver a representación do sábado. Parabéns tamén á nosa compañeira Antía de 3º, Raúl de 4º e Alba de 5º. Todos/as o fixeron xenial!

luns, 6 de marzo de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O pasado 24 de febreiro de 2023 foi o día da nosa querida Rosalía de Castro. Para celebrar este día chegou á nosa aula unha carta de Leoteca na que nos retaba a transformar a Rosalía nun animal. Aquí podedes ver o resultado. Temos os corredores cheos de "Rosalianimais". Encántannos!

xoves, 19 de xaneiro de 2023

INVESTIGAMOS OS ANIMAIS DA NOSA CONTORNA

Comezamos o segundo trimestre coas investigacións dos animais da nosa contorna. Xa case están todas no cole. Con todas elas faremos un libriño- arquivo no que recolleremos toda a información e as nosas experiencias con estes animais. Máis adiante mostraremos o resultado final. Aquí vos deixamos algúns exemplos. Esperamos que vos gusten moito!

PRODUTO FINAL DO NOSO PDI "O CORPO EN HARMONÍA"

 O venres día 22 de maio, fixemos no cole como cada curso o produto final do noso PDI, este curso foi "O corpo en harmonía", e est...