xoves, 15 de febreiro de 2024
Entroido
O alumnado do primeiro curso de educación primaria investigou sobre o entroido nos diferentes lugares de Galicia, deixando unha mostra do seu traballo no corredor.
Que viva o entroido galego!!!
mércores, 31 de xaneiro de 2024
xoves, 25 de xaneiro de 2024
Viaxamos por Galicia!!
No marco do noso Proxecto Documental Integrado (PDI), que leva por título "A volta ao mundo", propuxemos unha pequena actividade de investigación sobre unha viaxe que fixera o noso alumnado por Galicia. Nestas fichas fálannos sobre un lugar que visitaran: concello, provincia, lugar destacado e que foi o que máis lles gustou. Tamén inclúen unha fotografía.
Os traballos están exportos no corredor do primeiro andar do colexio. Máis adiante recollerémolos e faremos un libro con eles, que expoñeremos o día do produto final do PDI.
Grazas a todos/as pola vosa colaboración!!
xoves, 30 de novembro de 2023
Enreguéifate!!
O pasado venres, 17 de novembro, os alumnos e alumnas de 5º e de 6º curso tiveron un Obradoiro de Regueifas, que nos ofreceu o Concello de Carballo dende o Servizo de Normalización Lingüística.
Os profesionais regueifeiros, Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, fixéronnos pasar un tempo moi divertido no cal aprendemos moito sobre esta parte tan importante da nosa cultura. O alumnado fixo as súas propias regueifas e gozaron de mostrarllas ós/ás demais compañeiros/as.
Sen dúbida foi un obradoiro moi produtivo!!
xoves, 16 de novembro de 2023
Magosto 2023
Moi boas a todas e a todos!!!
Este ano celebramos o Magosto baixo teito, debido á choiva, pero non por iso deixamos de pasalo xenial.
Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con elementos do outono que troixemos das nosas casas. A temática destas figuras do Land Art eran os medios de transporte, xa que este ano o Proxecto Documental Integrado do centro é A Volta ó Mundo.
Despois comemos as castañas que Rosa nos preparou na cociña con moito cariño.
Velaquí vos deixamos algunhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos!!
sábado, 27 de maio de 2023
CONCURSO DE PODCAST "O VELLO DOS CONTOS"
Os nenos e nenas de 6º participaron este curso no concurso de PODCAST "O VELLO DOS CONTOS". Aquí podedes escoitar as súas creacións.
https://drive.google.com/file/d/1649jaOangQsxervJzJS1muXTqE9p6Ybf/view?usp=drive_link INFORMANDO DESDE RUS
https://drive.google.com/file/d/1Fy267TRPNIyR8l7lTfSA_Ffb5L9M2HeE/view?usp=drive_link O BAR
https://drive.google.com/file/d/16UYzIpJtfijWwsi_4OSZpJz6eUs9-wGU/view?usp=drive_link O CONCURSO
https://drive.google.com/file/d/1yj_Mxm63nqnTT6COnqLwJauvEWJiMB_3/view?usp=drive_link UN PASEO POLO CANOSA
LETRAS GALEGAS 2023 NO COLE!
Que bonito foi o día 16 de maio. Este ano estivo adicado a Francisco Fernández del Riego, Don Paco.Para homenaxealo, fixemos toda unha foliada no patio traseiro que coincidiu coa entrega de premios do noso certame literario 2022- 2023. Foi unha tarde moi divertida, pasámolo xenial. Aquí podedes ver algunhas fotos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
PRODUTO FINAL DO NOSO PDI "O CORPO EN HARMONÍA"
O venres día 22 de maio, fixemos no cole como cada curso o produto final do noso PDI, este curso foi "O corpo en harmonía", e est...
-
Ola familias!! O venres 7 de novembro, celebramos o Magosto no cole. Fixemos unha chea de xogos divertidos, como dirixir a castaña, ences...
-
XOGA CO NOSO ESCORNALENDA Panel do escornalenda debuxado polo alumnado de 3º REGRAS DO XOGO: O primeiro xogador debe posicionar o escornab...
-
O alumnado de E.Infantil de 5 anos, 2º A, 2ºB e 3º plantou unhas landras en botas ou zapatos vellos no mes de decembro, despois de leren n...














