mércores, 23 de xaneiro de 2019

Recibimos a Ledicia Costas

p1200193

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, tivo a oportunidade de coñecer hoxe á escritora Ledicia Costas, gañadora, entre outros galardóns, do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, en 2014 por Escarlatina, a cociñeira defunta”


Nenos e nenas disfrutaron da lectura de A señorita Bubble  e de A balada dos unicornios. Agasallaron a Ledicia con retratos da autora, acrósticos, debuxos… e unha copa  deseñada por eles e impresa na  3D…. Ledicia  respondeu ás curiosidades dos nenos, asinou libros e finalmente, prestouse a unha breve entrevista que lle fixo un grupiño de 4º, en “ Canosa Onda”, a radio do colexio. Esta incluirémola no programa “Canosa Xente”.


Quedáronnos ganas de ler máis!

domingo, 20 de xaneiro de 2019

Visitamos un muíño

p1200158

Visitamos un muíño en funcionamento


 O alumnado de 3º  foi visitar un muíño no lugar de O Val. Debullaron unhas espigas de millo e levárono nunha saquetiña. A señora Nieves escribouno e despois  moeuno  no seu muíño. Explicounos como se bota a andar, como  facer para que a fariña saia  máis munda ou máis graúda…. Algúns nenos tiveron a oportunidade de peneirar a fariña e …dábanlle xeito!

Regresamos ao colexio cunha pouca fariña na nosa saquetiña . Quédanos facer unhas papas de millo!

domingo, 2 de decembro de 2018

MAGOSTO NO COLE!

O pasado 15 de novembro celebramos o Magosto no noso centro. Xa había uns anos que non se festexaba e desta vez decidimos voltar á lembranza dos bos momentos e propios da nosa cultura.


Non se tería feito sen a boa disposición do persoal de cociña, da nais e pais, do conserxe e  de todo o profesorado.


O noso alumnado disfrutou comendo as castañas, que por certo, estaban moi ben asadas, e despois xogaron un pouco tisnando a cara con borralla e carbón. Foi un día para repetir en vindeiros anos!


Rematamos cunhas fotografías. Atopades algunhas diferenzas?


Entre elas pasaron trinta anos! O lugar é o mesmo, o bombo tamén… Hai outra xente e outras castañas!!!


magosto 87 para blogue

Hai trinta anos, o señor Emilio, asaba as castañas no mesmos bidón perforado onde hoxe as está asando Rosa, a cociñeira . Desta vez, ponlle carozos...E chegarán?

Rosa empezando

magosto 2 para blogue

O máis cativiños do cole, coas súas cestiñas, disfrutando do seu primeiro MAGOSTO.

xoves, 25 de outubro de 2018

LETRAS GALEGAS 2019

ANTÓN FRAGUAS 


O homenaxeado,  en 2019, no Día das Letras Galegas é Antón Fraguas Fraguas:


Nace o 28 de decembro de 1905 en Cotobade ( Pontevedra).  En 1928 xa formaba parte do Seminario de Estudos Galegos nas seccións de Etnografía, Folclore e Xeografía.  Fíxose mestre en 1933, pero durante a guerra obrigárono a abandonar. Entre 1943 e 1950 volveu á Universidade, obtivo a cátedra de Instituto. No 1951 ocupa o asento de Castelao na Real Academia Galega. Dirixiu o Museo do Pobo Galego desde a súa fundación ata a súa morte. En 1984 recibiu a medalla Castelao, en 1995 a medalla das Artes e das Letras de Galicia. Morre en Santiago o 5 de novembro de 1999.


 

xoves, 21 de xuño de 2018

IMOS DE EXCURSIÓN

P1190593

O venres 15 de xuño visitamos a Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei. A esta viaxe convidounos a Casa Museo, por ter participado na homenaxe a Manuel María, no Pazo da Cultura, en Carballo, con motivo do 50 aniversario da publicación da súa obra Os soños na gaiola.

P1190632

Xantamos na carballeira de Santa Isabel, na beira do río Miño. Despois  entramos na catedral e percorremos a muralla. E aínda que vos pareza mentira, encotrámonos con moitos romanos!

GRAVAMOS!!

P1190581


 Este programiña repartímolo en só dúas seccións: “ Noticieiro de terceiro” e “ Recuncho poético”.  Pretendemos engadir outra máis, de entrevistas, que titularemos “CANOSA XENTE”. A nosa intención é que estas seccións teñan vocación de continuidade.


Participou  todo o alumnado de 3º. Repartíronse en dous grupos: o de noticias e o de poesía. As noticias, algunhas foron redactadas polos nenos e  outras redactámolas todos xuntos na aula. A parte poética, consistiu no recitado duns poemiñas breves, que elaboramos a partir de palabras roubadas nas poesías de Antonio García Teijeiro.  Dous alumnos presentaron cada unha das seccións. Eles encargáronse de redactar a introdución do seu apartado en ao mesmo tempo fixeron as súas primeiras practicas na mesa de mesturas.

PRODUTO FINAL DO NOSO PDI "O CORPO EN HARMONÍA"

 O venres día 22 de maio, fixemos no cole como cada curso o produto final do noso PDI, este curso foi "O corpo en harmonía", e est...