luns, 21 de decembro de 2020

luns, 14 de decembro de 2020

6º de educación primaria recolle o premio especial 25 Aniversario de Ponte nas Ondas

O venres, a nosa compañeira e titora Verónica Guardado coa alumna Sara Fraga en representación da clase de 6º de educación primaria, recolleron o premio especial 25 Aniversario de Ponte nas Ondas co traballo "Ánimo Xente" no IES Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Viñeron coas mans cheas, pero sobre todo moi orgullosas polo mérito que teñen polo traballo realizado polo alumnado. Dende o EDLG e de toda a escola, querémosvos dar os nosos parabéns, bo traballo rapazada.

xoves, 26 de novembro de 2020

CERTAME DE PODCAST XOSÉ MOSQUERA PÉREZ

Temos novas e moi boas...... o noso alumnado de 6º de primaria da man da súa titora acaba de gañar un premio, nada máis e nada menos que o Premio Especial 25 Aniversario de Ponte nas Ondas co podcast "Ánimo, xente". http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcanosarus/node/653 Aquí tendes o seu traballo: https://go.ivoox.com/rf/59073461 ¡Noraboa rapazada!

mércores, 25 de novembro de 2020

Di NON á violencia de xénero

Hoxe, 25 de novembro é o Día Internacional contra a violencia de xénero. Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega apoiamos a campaña do concello de Coristanco «Nin unha cadeira máis baleira» e amosamos o noso rexeitamento á violencia. Consideramos que temos a grande necesidade de traballar xuntos e xuntas contra a violencia de xénero, educando e creando espazos libres de violencias. https://www.ivoox.com/player_ej_60760527_4_1.html?c1=ff6600 Recomendámosvos algunhas das lecturas en galego que nos ofrece Leoteca:

luns, 23 de novembro de 2020

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO.

Este mes de novembro na nosa escola, as investigacións e os experimentos vagan polos corredores. É que claro....é o MES DA CIENCIA EN GALEGO e o noso alumnado está amosando grandes ideas que nos fan abrir a boca...aínda que non se vexa. O equipo de biblioteca está a facer un duro traballo e animándonos a participar realizando experimentos, aínda que toca facelos na casiña. Parabéns, rapazada, sodes uns grandes científicos!!!!

martes, 17 de novembro de 2020

Xogos no Magosto

Este ano festexamos o Magosto dunha maneira moi diferente, pero non por iso menos divertida. Ademais do Land Art, neste Magosto pasamos moi bos momentos participando en diferentes xogos que, sen deixaren de ser divertidos, tamén nos permitiron respectar a distancia de seguridade. Velaquí tedes un cachiño do noso día do Magosto!

Arte no Magosto

O pasado venres 13 de novembro, celebramos o Magosto no colexio. O noso alumnado xa investigara días antes sobre estes festexos, e tiña moi claro que a castaña é a gran protagonista, polo que se converteu durante todo o día na nosa compañeira de actividades.Escoitade! https://go.ivoox.com/rf/60332860 Nenas e nenos de todos os niveis participaron nunha xornada de xogos en grupos de convivencia e realizaron un novidoso obradoiro de “Land art”, para o que todos achegaron castañas, follas, pedriñas, paus, abelás, pinas, carozos, millo... E… para que é todo isto? Pois trátase de arte efémera, é dicir, realizar diferentes composicións artísticas con elementos da natureza. E, por suposto, o alumnado do CEIP Canosa Rus amosou unha vez máis que a creatividade e as dotes artísticas están moi presentes na nosa escola. Pero como unha imaxe vale máis que mil palabras......

PRODUTO FINAL DO NOSO PDI "O CORPO EN HARMONÍA"

 O venres día 22 de maio, fixemos no cole como cada curso o produto final do noso PDI, este curso foi "O corpo en harmonía", e est...