luns, 20 de novembro de 2017
URBANO LUGRÍS EN MALPICA
As illas Sisargas son un pequeño arquipélago preto do cabo San Hadrián. Está formado por tres illas: Sisarga Grande, Malante e Chica. Antigamente estiveron poboadas. Aínda quedan restos dunha ermida e outra construcións. Destaca o faro. Aniñan varias especies de aves como o cormorán e a gaivota tridáctila.
Urbano Lugrís foi contratado para decorar A casa do Pescador, en Malpica. As obras poden visitarse de balde tanto as que están na cafetería como as do 2º andar. Lugrís tamén pintou unha vista destas illas.
domingo, 19 de novembro de 2017
Lenda de San Hadrián do mar
Desde o monte San Hadrián hai unha boa vista das illas Sisargas, e cóntase unha lenda sobre este privilexiado lugar.
“Disque non monte de San Hadrián se agochaba unha gran serpe que tiña atemorizados aos veciños da contorna , porque os obrigaba a entregarlle cada ano unha chea de nenos dos que se alimentaba. A veciñanza non sabía como librarse deste terrible tormento, ata que acudiu ao Santo Hadrián para que acabara con ese monstro. O santo atendeu a súa súplica e esmagou co seu pé o enorme réptil cando intentaba pasar para as illas Sisargas. Como sinal deste feito vemos nas rochas que hai no lugar do Portiño unha serpe petrificada, as pegadas do santo e a súa cunca. Por este motivo dise que a partir de entón non volvería haber serpes nas illas Sisargas.”
FERNÁNDEZ CARRERA, X.X.
Lendas da Costa da Morte. Edicións Embora
domingo, 5 de novembro de 2017
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
LENDARIO
O Proxecto Documental Integrado no que traballaremos este curso, que titulamos Lendario, trata sobre mitos e lendas. En Galicia, e en Bergantiños en particular, conservamos moitas lendas relacionadas con árbores, fontes, mámoas, castros, furnas, brañas…
Este curso, desde o EDLG, intentaremos realizar unha recollida desta información , que aínda atesouran as persoas maiores, e na que o noso alumnado terá un papel moi activo, ao seren eles os que pregunten ás súas familias ou aos veciños. Por exemplo, poden preguntar sobre a braña (cidade asolagada), o pozo negro ( na Braña ), a pedra do adro da igrexa de San Sadurniño, algunha lenda sobre a mámoa da Peniqueira, as fontes con augas curativas, a peregrinación ao San Andrés de Teixido …..Agardamos que sexa un traballo que lles interese e ilusione e que nos axude a ver o territorio no que vivimos envolto en fantasía ao tempo que colaboramos a conservar este importante patrimonio inmaterial.
FROITOS DO OUTONO
No vestíbulo do 1º andar montamos a nosa exposición de froitos do outono, que manteremos ata o 10 de novembro. O alumnado do centro achegou froitos que teñen nas súas casas: noces ( carolos, na zona de Rus e Entrecruces), millo, nésperas, cogomelos, mazás, cabazas, cabaciñas, fisalis, landras, pinas.... Algúns trouxeron unhas cestiñas con froitos variados.
Tamén expoñemos froitos exóticos como o coco, xenxibre, papaia, boniato, dátiles...
Vinde vela!
sábado, 4 de novembro de 2017
As cores do outono
Magosto 2024
Ola familias!! Este ano celebramos o Magosto o venres, día 8 de novembro. Xogamos a diversos xogos tradicionais e fixemos figuras con el...
-
Onte tivemos unha visita moi especial no noso colexio. Sabela Maneiro (cantante, compositora e integrante do grupo Tanxugueiras) veu a coñec...
-
O pasado día 15 de maio, pola tarde, celebramos as Letras Galegas no noso cole. Como ben dixemos na entrada anterior, este ano a autora home...
-
O pasado venres, 17 de novembro, os alumnos e alumnas de 5º e de 6º curso tiveron un Obradoiro de Regueifas, que nos ofreceu o Concello de C...