domingo, 5 de novembro de 2017

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

LENDARIO


O Proxecto Documental Integrado no que traballaremos este curso, que titulamos Lendario, trata sobre mitos e lendas. En Galicia, e en Bergantiños en particular,  conservamos moitas lendas relacionadas con árbores, fontes, mámoas, castros, furnas, brañas…


Este curso, desde o EDLG, intentaremos realizar unha recollida desta información , que aínda atesouran as persoas maiores, e na que o noso alumnado terá un papel moi activo, ao seren eles os que pregunten ás súas familias ou aos veciños.  Por exemplo, poden preguntar sobre a braña (cidade asolagada), o pozo negro ( na Braña ), a pedra do adro da igrexa de San  Sadurniño, algunha lenda sobre a mámoa da Peniqueira, as fontes con augas curativas,  a peregrinación ao San Andrés de Teixido …..Agardamos que sexa un traballo que lles interese e ilusione e que nos axude a ver o territorio no que vivimos envolto  en fantasía ao  tempo que colaboramos a conservar este importante patrimonio inmaterial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PRODUTO FINAL DO NOSO PDI "O CORPO EN HARMONÍA"

 O venres día 22 de maio, fixemos no cole como cada curso o produto final do noso PDI, este curso foi "O corpo en harmonía", e est...