domingo, 5 de novembro de 2017

FROITOS DO OUTONO

Exposición de froitos do outono

No  vestíbulo do 1º andar montamos a nosa exposición de froitos do outono, que manteremos ata o 10 de novembro. O alumnado do centro achegou froitos que teñen nas súas casas: noces ( carolos, na zona de Rus e Entrecruces), millo, nésperas, cogomelos, mazás, cabazas, cabaciñas, fisalis, landras, pinas.... Algúns trouxeron unhas cestiñas con froitos variados.


Tamén expoñemos froitos exóticos como o coco, xenxibre, papaia, boniato, dátiles...


Vinde vela!


P1180237.JPG

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PRODUTO FINAL DO NOSO PDI "O CORPO EN HARMONÍA"

 O venres día 22 de maio, fixemos no cole como cada curso o produto final do noso PDI, este curso foi "O corpo en harmonía", e est...